No xuízo referenciado acordouse entregarlle á parte demandada a cédula co texto literal seguinte:
«Tribunal que ordena emprazar.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa.
Asunto no que se acorda.
O arriba citado.
Persoa á que se empraza.
Juan Carlos Pardo Rodríguez en concepto de parte demandada.
Domicilio: rúa Bispo Diéguez, nº 13. Touro.
Obxecto do emprazamento.
Comparecer no xuízo expresado para contestar por escrito á demanda, na que figura como parte demandada. Xúntase copia da demanda, dos documentos acompañados e do auto de admisión daquela.
Tribunal ante o que debe comparecer.
Na sede deste xulgado.
Prazo para comparecer.
Vinte días hábiles computados desde o seguinte ó deste emprazamento.
Prevencións legais.
1. Se non comparece, declararáselle en situación de rebeldía procesual e notificada esta, non se levará a cabo ningunha outra, excepto a da resolución que poña fin ó proceso (artigos 496 e 497 da Lei 1/2000, de axuizamento civil-LAC).
2. A comparecencia en xuízo debe realizarse por medio de procurador, coa asistencia de avogado (artigo 750 da LAC).
3. Debe comunicarlle a este tribunal calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (artigo 155.5º parágrafo primeiro da LAC).
Nota: as copias da demanda encóntranse ó seu dispor na secretaría deste xulgado».
E para que sirva de emprazamento en forma ó demandado Juan Carlos Pardo Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto.
En Arzúa o dezaoito de febreiro de dous mil dous.
O secretario xudicial
Rubricado