Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de revisión salarial e festivos para 2002, do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira.

Vista a acta da revisión salarial e festivos para 2002, do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira, con nº de código 3601075 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-3-2002, subscrito en representación da parte económica polo grupo provincial de rematantes e serradoiros de madeira, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 6-3-2002. De conformidade co disposto no artigo 24 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de marzo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.: Marcos González Oliveira.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

Lourdes Diz Lorenzo.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Mª Luz Pereira Silva.

Representación empresarial:

Antonio Luis Pérez Giménez.

Jesús Baquero Moreira.

Benigno Montero Gulín.

Constante Rodríguez Fernández.

Secretario de actas:

José Manuel Oubel Villanueva.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dezaoito horas do día seis de marzo de dous mil dous, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia de Pontevedra, co obxecto de confecciona-las táboas

salariais para o ano 2002 e establece-los festivos de convenio para axusta-la xornada laboral ás 1.792 horas anuais establecidas. Asisten os indicados arriba.

As partes negociadoras acordan as táboas salariais para o ano 2002, segundo o establecido no artigo 24 do convenio colectivo, onde figura un incremento salarial do 2,5% sobre a táboa salarial vixente a 31 de decembro de 2001.

ANEXO I

Táboa salarial 2002

CategoríaSalario base

pesetas mes

Salario base

euros mes

Persoal de fábrica e monte

Encargado xeral110.903666,54

Encargado de sección e de producción108.750653,60

Oficial de 1ª, xefe de grupo, serrador de 1ª, galerista de 1ª, afiador e conductor de camión108.022649,23

Oficial de 2ª, serrador de 2ª, galerista de 2ª, tronzador mecánico, motoserrista, tractorista, carretilleiro e operario de pa104.760629,62

Axudante de afiador, axudante de serrador, serrador de serra circular, talador e garda101.394609,39

Peón, medidor, e especialista de secadoiro100.665605,01

Aprendiz ou pinche de 16 e 17 anos95.530574,15

Persoal administrativo e técnico

Xefe de oficina, xefe de oficina técnica, analista programador ou de sistemas119.124715,95

Oficial de 1ª, delinte. técnico especialista, programador111.671671,16

Oficial de 2ª, delinte. técnico auxiliar, operador105.843636,13

Viaxante e corredor de praza103.887624,37

Auxiliar administrativo, telefonista99.353597,12

ANEXO II

Antigüidade consolidada ó día 1-1-1998

Categoría5

anos

A

6

anos

A

7

anos

A

8

anos

A

9

anos

A

Cada

ano

máis

Persoal de fábrica e monte

Encargado xeral28,0733,6939,3044,9150,535,61

Encargado sección-producción27,5033,0038,5044,0049,505,50

Oficial 1ª, serrador 1ª, afiador...27,3232,7838,2443,7149,175,46

Oficial 2ª, serrador 2ª, operario de pa ...26,4631,7537,0342,3247,615,29

Axudante afiador-serrador, talador25,5730,6835,8040,9146,035,11

Peón, especialista secadoiro25,3730,4535,5240,5945,665,07

Persoal administrativo e técnico

Xefe oficina, analista programador, etc30,2436,2842,3348,3854,426,05

Oficial 1ª, delinte. especialista, progdor.28,2733,9339,5845,2450,895,66

Oficial 2ª, delinte. auxiliar, operador26,7432,0937,4442,7948,145,35

Viaxante, corredor de praza26,2231,4736,7241,9647,215,25

Auxiliar admtivo., telefonista25,0330,0435,0540,0545,065,01

No referente ó artigo 17 en materia de días festivos e despois dun intercambio de opinións, chégase ó acordo de que a redacción definitiva do artigo 17 para este ano 2002, queda da seguinte maneira:

«Artigo 17º.-Días festivos.

1. Para efectos de distribución e axuste da xornada anual, con vixencia para 2002, considéranse como non laborables e retribuídos os días: 26 de xullo, 24 e 31 de decembro.

2. Se algún concello da provincia sinala como festivo local un día non laborable, ou coincidise con algún dos días anteriormente referidos, establécese como festivo na súa substitución, o día laborable inmediatamente seguinte.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no punto 1, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes».

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto de rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a José Manuel Oubel Villanueva para levar a cabo as xestións necesarias. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezanove horas do día arriba indicado.