Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta na que se establecen os festivos para o ano 2002, do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Vista a acta na que se establecen os festivos para o ano 2002, do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns, con nº de código 3600215, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-3-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de la Madera (Asema), e pola Asociación Provincial de Fabricantes e Comerciantes del Mueble de A Estrada (AFCM), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 6-3-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de marzo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

Francisco Estévez Rodríguez.

J. Carlos Varela Pérez.

Guillermo González Mallo.

CIG:

Carlos Tielas Bernardino.

Juan Carlos Bugarín López.

Xosé Xoan Melón González.

Alberto Corral Villar.

UGT:

Antonio Abre Moreira.

Juan A. Gil Álvarez.

Ramón Carrera Molares.

Lourdes Diz Lorenzo.

José Carlos Rodríguez del Río.

Manuel Graña Bon.

Cándido Fernández Fernández.

José Manuel Carrera Gándara.

Cristobal Sánchez López.

Representación empresarial:

Manuel Valiñas Mato. AFCM.

Manuel Couto Amosa. AFCM.

Enrique Cameselle Taboada. Asema.

Pablo González López. Asema.

Pablo Gómez González. Asema.

Antonio Iglesias Neira. AFCM.

Félix Rodríguez Regueiro. AFCM.

Jaime Fernández Arrabal. Asema.

Secretario de actas:

José Manuel Oubel Villanueva.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dez trinta horas do día seis de marzo de dous mil dous, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, para revisa-los artigos que correspondan para 2002.

No referente ó artigo 18 en materia de días festivos, e despois dun intercambio de opinións, chégase ó acordo de que a redacción definitiva do artigo 25º para este ano 2002, queda da seguinte maneira:

«Artigo 25º.-Días festivos.

1. Para os efectos de distribución e axuste da xornada anual, con vixencia para o ano 2002, considéranse como non laborables e retribuídos os días: 18 de marzo, 26 de xullo, 16 de agosto, 24 e 31 de decembro.

2. Nos concellos onde a festividade local coincida con día laborable ou festivo de convenio, trasladarase ó día inmediatamente seguinte. Para o ano 2002, nos concellos que se relacionan, tamén serán festivos de convenio, os seguintes.

O día 19 de agosto en: Arbo, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Mondariz, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O día 29 de xullo en Covelo.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no punto 1, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes».

No referente ós artigos derivados do incremento salarial para este ano, por parte da representación social faise a seguinte proposta: incremento do 4%, con cláusula de revisión salarial do 3%.

A representación empresarial responden que non están dispostos a dar máis dun 2% con cláusula de revisión ó 2%.

Sen chegar a acordo no incremento salarial, levántase a sesión ás once horas do día arriba indicado.