Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de convocatoria e bases para a provisión de seis prazas de gardas da policía local, vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Vilagarcía de Arousa.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 11 de marzo de 2002, adoptou o acordo de proceder á convocatoria para a provisión en propiedade de seis prazas de gardas da policía local, vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego de 1997 (BOP nº 224, do 19 de novembro, e BOE nº 300, do 16 de decembro de 1997-1 praza), 2000 (BOP nº 203, do 23 de outubro e BOE nº 268, do 8 de novembro de 2000-3 prazas) e 2001 (BOP nº 223, do 20 de novembro, e BOE nº 291, do 5 de decembro de 2001-2 prazas), conforme as seguintes bases:

I. Obxecto da convocatoria.

É obxecto da convocatoria a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira, vacantes no cadro de persoal do Concello de Vilagarcía de Arousa, contidas nas ofertas de emprego público de 1997, 2000 e 2001.

II. Número de prazas, natureza e características.

Convócanse seis prazas de gardas da policía local, enmarcadas no grupo D: escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, categoría garda. Están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo a que se adscriba a praza.

III. Publicidade das bases e convocatorias.

As bases das probas selectivas e a súa convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios da casa do concello. O anuncio de convocatoria publicarase ademais no Boletín Oficial del Estado, debendo indicar este anuncio o BOP no que se publicaron as bases. O anuncio no BOE será determinante para os efectos do cómputo do prazo de presentación de instancias/solicitudes nas que se opte a tomar parte nos procesos.

IV. Condicións dos aspirantes.

a) Ser español/a (contar coa condición de cidadán español, debido a que as funcións destas prazas comportan exercicio de autoridade).

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non supera-los 30 na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

c) Estar en posesión da titulación de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtela antes de que remate o prazo de presentación de instancias. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase certificación para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou do Ministerio de Educación e Cultura, de se-lo caso.

d) Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme, ou atoparse incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

e) Ser titular do permiso de conducir das clases A e B con autorización BTP.

f) Posuír unha estatura mínima de 1,70 m para os homes e 1,65 m as mulleres.

g) Compromiso por escrito de levar armas e, de se-lo caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

i) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou dificulte o desempeño das funcións propias do posto de traballo (acreditarase mediante certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento por indicación do órgano competente para o seu nomeamento como funcionario de carreira).

j) Ter ingresado na Tesourería do concello a cantidade de 14 A (catorce euros) en concepto de dereitos de exame.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de instancias/solicitudes e conservarse, alomenos, ata a data do nomeamento.

Aquelas persoas que superen as probas selectivas quedarán sometidas ó réxime de incompatibilidades.

V. Presentación de solicitudes.

As instancias nas que se solicite tomar parte nas probas selectivas convocadas dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa, axustándose ás seguintes normas:

a) Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Carta de pagamento ou documento xustificativo do ingreso dos dereitos de exame.

-Certificado médico que acredite que os aspirantes reúnen as condicións físicas necesarias para realiza-las probas físicas a que fai referencia a letra h) da base IV.

-Fotocopia do carné de conducir.

b) Os aspirantes deberán manifestar na súa solicitude que reúnen todas e cada unha das condicións ou requisitos esixidos, nas bases da convocatoria, así como comprometerse a presta-lo xuramento ou promesa regulamentaria.

Así mesmo, farán consta-la súa conformidade para a realización dos exames médicos que se esixan para o acceso ás prazas convocadas.

c) O prazo para a presentación de instancias nas que se solicita tomar parte no proceso de selección será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do texto íntegro das bases e convocatoria no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

d) A presentación de instancias poderá facerse no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa ou en calquera das formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común. A solicitude que se entregue, a través da oficina de correos, deberá presentarse en sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

e) O pagamento dos dereitos de exame, fixados na base IV-j), poderá realizarse directamente na Tesourería do Concello de Vilagarcía de Arousa ou ben mediante xiro postal ou telegráfico, ou transferencia bancaria dirixida ó concello. De non efectuarse o pagamento directamente na Tesourería municipal, os solicitantes farán constar na súa instancia a data do xiro ou transferencia e o número de xustificante.

En ningún caso, a simple presentación ou o pagamento dos dereitos de exame suporá unha substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da instancia/solicitude consonte o disposto nesta base V.

Os/as aspirantes quedarán vinculados pola presentación de instancias/solicitudes, polo que non se admitirá ningunha devolución de dereitos de exame agás que sexan excluídos definitivamente da relación de admitidos/as por incumprimento das condicións esixidas. Para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-la entidade bancaria e o número de conta na súa instancia/solicitude. De non figurar estes datos, o/a aspirante deberá formular petición expresa de reintegro dos dereitos de exame, facendo consta-los datos bancarios, no prazo máximo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da lista

de admitidos definitivamente. En caso contrario entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

f) As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo sinalado, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

g) Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixesen constar na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben por instancia de parte.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias/solicitudes.

VI. Admisión de aspirantes.

a) Finalizado o prazo de vinte días naturais fixado para a presentación de instancias, a Alcaldía dictará resolución na que aprobe a lista de aspirantes admitidos e excluídos con especificación, de se-lo caso, dos motivos de exclusión, designando o tribunal cualificador e fixando a data e lugar para a realización das probas selectivas.

b) A lista de admitidos e excluídos e a composición do tribunal cualificador, así como a fixación da data para a realización das probas publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

c) Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da publicación da resolución da Alcaldía no BOP, para corrixi-los defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de xéxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que motivaron a exclusión ou omisión, e así mesmo poderán, dentro do citado prazo, recusa-los membros do tribunal por algún dos motivos sinalados no artigo 28.2º da citada Lei 30/1992, sen prexuízo de que tamén poidan promove-la recusación en calquera momento da tramitación do procedemento.

d) Transcorrido o prazo de dez días sen reclamacións á lista de admitidos, esta queda elevada automaticamente a definitiva. No suposto de producirse reclamacións, deberá dictarse unha nova resolución na que se estimen ou desestimen; publicarase neste caso a lista definitiva no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

e) Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, aprobatoria da lista definitiva de admitidos e excluídos e da composición do tribunal, os aspirantes interesados poderán interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución da Alcaldía no BOP, logo de comunicación ó órgano que dicte o acto impugnado.

f) O feito de figuraren incluídos na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente como paso previo ó nomeamento que corresponda trala superación das probas convocadas.

VII. Tribunal cualificador.

a) Os membros dos tribunal cualificador das probas selectivas convocadas, serán designados polo alcalde, e estará integrado polos seguintes membros, titulares e suplentes:

Presidente: o da corporación ou concelleiro/a en quen delegue.

Secretario: o/a da corporación, ou de se-lo caso, por delegación un funcionario/a con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación integrado na escala de Administración xeral e con categoría igual ou superior á esixida para o acceso á praza.

Vocais: un/unha representante da Comunidade Autónoma, designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade entre os profesionais da policía local de Galicia. O/a xefe/a do servicio correspondente á especialidade ou técnico cualificado. Un/unha representante da xunta de persoal designado/a por aquela. Un/unha funcionario/a designado polo alcalde. O concelleiro delegado de persoal ou concelleiro/a que o substitúa. Un/unha concelleiro/a en representación do grupo de Goberno municipal. Un/unha concelleiro/a en representación dos restantes grupos municipais.

O tribunal quedará integrado así mesmo polos respectivos suplentes, que serán designados xunto cos titulares.

b) Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza ou estar integrados no grupo de titulación que corresponda a aquela, agás o presidente, e terán voz e voto.

c) O tribunal poderá acordar e autoriza-la incorporación ás sesións de dous asesores ou colaboradores como máximo, un deles por proposta da xunta de persoal, e que actuarán con voz e sen voto e con plena autonomía no desempeño das súas funcións, cando as circunstancias ou o carácter dalgunha das probas así o aconselle.

d) Ós membros do tribunal seranlles de aplicación os motivos de abstención e recusación previstos nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non podendo ser nomeados membros do tribunal nin tampouco colaboradores ou asesores aqueles que realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.

e) O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros do tribunal, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva do tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

A partir da sesión constitutiva, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

f) O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ás bases desta convocatoria.

g) Tódalas actuacións do tribunal se publicarán no taboleiro de anuncios do concello.

h) Os membros do tribunal e asesores que poidan ser designados por aquel, que asistan ás sesións, percibirán por asistencia a contía legalmente establecida. Para tal efecto o tribunal clasifícase na categoría cuarta: selección de funcionarios do grupo D.

VIII. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, en cumprimento do esixido pola Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

IX. Contido e exercicios da oposición.

De conformidade co disposto no artigo 3 do Decreto 204/2000, do 21 de xullo, da Xunta de Galicia, os exercicios (probas selectivas) da oposición serán os seguintes:

Antes do comezo das probas, realizarase a práctica de control de estatura e demais medidas antropométricas, de se-lo caso.

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes, consiste na realización das seguintes probas físicas:

a) Proba de resistencia, consistente en percorre-la distancia de 1.000 metros lisos nun tempo máximo de 4 minutos os homes e de 4 minutos e 45 segundos as mulleres. Nesta proba só se permitirá un intento.

b) Proba de velocidade, consistente en percorre-la distancia de 50 metros lisos nun tempo máximo de 9 segundos os homes e de 10 segundos as mulleres. Só se permitirá un intento.

c) Lanzamento de balón medicinal: o aspirante, situado tras unha liña e cos pes xuntos, lanzará por enriba da cabeza sen desprazamento do corpo, un balón medicinal, de 5 kg os homes e de 3 kg as mulleres, un mínimo de 5,50 metros. Nesta proba permitirase un máximo de tres intentos.

d) Flexións de brazo: o aspirante deberá realizar un mínimo de 15 flexións nun tempo máximo de 60 segundos. Nesta proba só se permitirá un intento.

e) Salto de lonxitude: o aspirante deberá dar un salto lonxitudinal, de 3,5 metros os homes e de 3 metros as mulleres, como mínimo. Nesta proba permitirase un máximo de tres intentos.

f) Salto vertical: o aspirante firme, co brazo dereito ou esquerdo totalmente estendido cara a arriba, marca a altura que alcanza cos dedos nesta posición. A continuación salta tanto como poida e marca de novo o nivel alcanzado. A marca mínima será de 45 cm para os homes e de 35 cm para as mulleres. Nesta proba permitirase un máximo de tres intentos.

Os/as aspirantes deberán presentarse ás probas provistos de roupa deportiva.

Segundo exercicio: exame psicotécnico. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitude máis adecuadas á función que se vaia desenvolver, contidas no artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a avaliación dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test. O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación será o que figura como anexo II destas bases.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Teórico: consistirá en desenvolver por escrito, durante un tempo máximo de dúas horas, dous temas sacados ó chou, un de cada unha das partes do programa da convocatoria, que figura no anexo I destas bases.

Valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, o nivel e formación xeral, a claridade e orde de ideas, a composición gramatical, claridade e facilidade de exposición escrita, a contribución persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese.

O exercicio será lido polos opositores, cada un o seu, en lectura pública que terá lugar nos días e horas que oportunamente sinale o tribunal. A non lectura do exercicio entenderase como renuncia do aspirante e suporá a súa eliminación automática do proceso selectivo. Rematada a lectura do exercicio, o tribunal poderá dialogar co aspirante sobre as materias obxecto deste, así como pedirlle explicacións complementarias. O dialogo non poderá supera-lo tempo de quince minutos.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Práctico: consistirá na resolución dun ou varios supostos prácticos por escrito, que formulará o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a materias e tarefas propias das prazas convocadas (atestado, parte ou documento referente a problemas de circulación rodada, e outras materias relacionadas co cargo), no tempo que o tribunal determine. Os aspirantes darán lectura ó seu exercicio en sesión pública ante o tribunal. O tribunal poderá dialogar co opositor, durante un prazo máximo de quince minutos, acerca das solucións que propuxera.

Durante o desenvolvemento deste exercicio, os aspirantes poderán en todo momento facer uso dos textos legais, colección de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos, sempre que non conteñan formularios ou resolucións de supostos prácticos. Non se admitirán apuntes e similares ou outros textos que non sexan do tipo dos sinalados, así como anotacións neles, etc.

Neste exercicio avaliarase especialmente a capacidade de raciocinio, a sistemática na presentación e a formulación de conclusións e o coñecemento e a axeitada interpretación da normativa aplicable.

Quinto exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Recoñecemento médico: os aspirantes que superen os anteriores exercicios estarán obrigados á realización dun recoñecemento médico no que será determinante o cadro de exclusións do anexo III destas bases, en virtude do disposto no artigo 24 da Lei 3/1992, da Xunta de Galicia, de coordinación das policías locais.

Previo ó inicio do recoñecemento médico, o tribunal convocará os aspirantes para a súa realización na data e no centro médico que así se sinale. Efectuado o recoñecemento médico, o/s facultativo/s que o realicen emitirán informe ó tribunal no que se sinale a capacidade ou non dos aspirantes conforme o cadro de exclusións médicas, sinalando exclusivamente o aspirante como apto ou non apto para o traballo que hai que desenvolver. O aspirante será a única persoa que terá acceso ó contido do recoñecemento médico, do que será informado, se así o solicitara, polo/s facultativo/s que o realice/n, tanto no caso de resultar apto como non apto.

No suposto de que algún dos aspirantes se atope incurso en causa temporal de exclusión médica, o informe que se emita ó tribunal recollerá esta circunstancia, así como o tempo de curación da doenza que padeza o aspirante, e se esta non o imposibilita para o normal desempeño do posto de traballo.

O recoñecemento poderano efectua-lo facultativos da entidade patronal aseguradora das continxencias profesionais do persoal do concello.

Sexto exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Proba de coñecemento do idioma galego, das institucións e do dereito básico de Galicia. Consistirá nun exercicio de redacción, obrigatoriamente en lingua galega e durante un período máximo de trinta minutos, relacionado cos temas referidos á lingua galega, ás institucións e ó dereito de Galicia, que figuran na primeira parte do programa do anexo I da convocatoria, que elixirá cada aspirante de entre tres que propoña o tribunal.

Valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, o nivel e formación xeral, a claridade e orde de ideas, a composición gramatical, claridade e facilidade de exposición escrita, a contribución persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese.

X. Comezo dos exercicios.

a) A data e hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas e para a comprobación de talla, será determinada pola Alcaldía-Presidencia mediante resolución, que se publicará mediante anuncio no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello cunha antelación mínima de 15 días naturais.

A data e hora do inicio dos exercicios seguintes só se publicarán no taboleiro de anuncios da casa do concello.

b) Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non compareceran a realizalo, agás os casos debidamente xustificados, que serán resoltos segundo proceda polo tribunal.

c) Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, así como dos medios materiais axeitados e necesarios para a práctica daqueles.

XI. Desenvolvemento dos exercicios.

a) En calquera momento o tribunal poderá requiri-los opositores para que acrediten a súa identidade.

b) A orde de actuación dos opositores para a realización daqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea será determinada mediante sorteo polo tribunal en presencia dos aspirantes e inmediatamente antes do inicio do primeiro exercicio das probas.

c) Se, en calquera momento do proceso selectivo, chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberalle propoñer ó alcalde a súa exclusión, indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos que procedan.

d) Concluído cada un dos exercicios, o tribunal fará publica, mediante anuncio no taboleiro de anuncios da casa do concello, a relación de aspirantes que o superasen con indicación da puntuación obtida. Os/as aspirantes non incluídos na lista terán a consideración de non aptos. Así mesmo, no referido anuncio efectuarase a convocatoria do seguinte exercicio, de se-lo caso.

e) Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia que os membros do tribunal, os colaboradores designados por este e os opositores, agás nos exercicios orais e a lectura polos opositores dos exercicios escritos.

f) Durante o desenvolvemento das probas, nos casos de exposición oral ou posterior lectura da proba escrita, cando así se determine, o tribunal poderá solicitar aclaracións sobre o contido dos exercicios realizados. Así mesmo, durante a exposición oral, se o tribunal apreciase xustificadamente que o que se manifesta non garda relación co requirido ou exis

ta unha clara desviación sobre a materia, poderá formularse requirimento ó/á aspirante/a para que corrixa a súa actuación e, de persistir, será invitado a retirarse.

Será causa de exclusión dos procesos selectivos a non presentación dos aspirantes á lectura dos exercicios, cando así o determine o tribunal.

g) No suposto práctico elaboraranse dez casos prácticos como mínimo por cada exercicio que se vaia realizar, xunto coa súa resposta ou, no seu defecto, os criterios para a súa valoración. O tribunal elixirá ó chou entre eles os que propoña para a súa resolución polos aspirantes.

h) Se ó remate dos exercicios estes non se corrixisen nesa sesión, introduciranse nun sobre que se pechará e selará, asinando sobre o precinto tódolos membros do tribunal presentes, así como o mesmo número de aspirantes elixidos ó chou, se os houbera. O sobre quedará baixo a custodia do secretario/a para a súa apertura ó inicio da sesión na que os exames se vaian corrixir.

i) Desde o remate dunha proba e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 45 días.

j) Os aspirantes só lle poderán formular ó tribunal, mentres este se encontre en funcionamento, reclamacións que teñan por obxecto corrixir erros materiais.

k) Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso de alzada ante o alcalde-presidente, conforme o previsto no artigo 114 da Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

XII. Cualificación dos exercicios.

a) Os exercicios primeiro, segundo e quinto cualificaranse de apto ou non apto, segundo os seus resultados, correspondéndolle á cualificación de apto a puntuación de 10 puntos, e quedando eliminado o aspirante que sexa cualificado como non apto.

b) Os exercicios terceiro e cuarto cualificaranse de 0 a 10 puntos, necesitándose para superar cada un deles obter unha puntuación mínima de (5) cinco puntos, quedando eliminado o/a aspirante/a que non a acade.

c) O exercicio sexto cualificarase ata un máximo de 2 puntos. Se non se obtivese 1 punto como mínimo neste exercicio de coñecemento da lingua galega, os aspirantes, unha vez que accedan á condición de funcionarios de carreira, participarán nos cursos de formación que para o efecto se convoquen, co fin de alcanza-lo grao de coñecemento axeitado á natureza do posto e ás funcións que se vaian desenvolver.

d) A cualificación de cada aspirante nos exercicios terceiro e cuarto será a media aritmética das puntuacións outorgadas por tódolos membros presentes do tribunal. Cando entre as puntuacións outorgadas

polos membros do tribunal exista unha diferencia de máis de 3 enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, achándose a puntuación media entre as cualificacións restantes, e farase constar expresamente na acta a cualificación outorgada por cada membro do tribunal. No caso de existiren máis cualificacións máximas que mínimas ou ó contrario que difiran máis dos tres enteiros, soamente se eliminarán ata que desapareza a diferencia.

e) A cualificación realizarase mediante votación secreta, se así o decide por maioría o tribunal. A orde de puntuación dos membros do tribunal será establecida pola Presidencia en cada caso. Tódolos membros do tribunal terán a obriga de corrixi-los exames previamente á súa cualificación.

XIII. Cualificación final e relación de aprobados.

a) A cualificación final (puntuación total) da oposición será a suma das cualificacións obtidas en todos e cada un dos exercicios, polos aspirantes que non quedasen eliminados nalgún deles.

b) Determinada a cualificación final dos aspirantes, o tribunal fará pública a relación de aprobados pola orde de puntuacións no taboleiro de anuncios da casa do concello.

c) O tribunal en ningún caso poderá aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas en cada proceso selectivo. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.

d) Non obstante, o tribunal, ó cualificar cada un dos exercicios, non terá en conta a limitación anterior, que só se considerará ó formularlle á Alcaldía a proposta coa relación de aprobados, na que só se incluirán aqueles opositores que obtivesen maior puntuación total final, os cales nunca poderán supera-lo número de prazas convocadas en cada proceso selectivo.

e) No caso de empate, o desempate e, en consecuencia, a orde de puntuación establecerase e resolverase tendo en conta a maior cualificación obtida no último exercicio obrigatorio e eliminatorio e, se persistise o empate, determinarase polo exercicio anterior e así sucesivamente. E se malia isto persistise o empate, o de maior idade.

XIV. Achega de documentos polos aspirantes aprobados.

a) A relación de aprobados, publicada no taboleiro de anuncios da casa do concello, conterá unha advertencia que lles recorde ós/ás opositores aprobados que deberán presenta-la documentación sinalada nas bases para xustificar que cumpren os requisitos esixidos para o ingreso na función pública local e para as prazas convocadas.

b) Os/as aspirantes propostos presentarán dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a publicación da relación de aprobados no BOP, os docu

mentos acreditativos que xustifiquen as condicións de capacidade e demais requisitos esixidos na base IV da convocatoria.

c) Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos esixidos, os aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.

d) Os que non presentasen a documentación esixida dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderán ser nomeados funcionarios de carreira, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carecen dalgún dos requisitos esixidos.

e) Os aspirantes aprobados que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustificaren as condicións e os requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unha certificación acreditativa da súa condición de funcionario e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal, expedida polo organismo no que preste servicios, e a xustificación dos requisitos específicos esixidos para o acceso.

XV. Período de prácticas e curso selectivo de formación.

Os aspirantes propostos polo tribunal, unha vez presentada a documentación esixida nas bases, serán nomeados gardas da policía local en prácticas e percibirán as retribucións que legalmente correspondan a esta situación, debendo superar un curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade antes do seu nomeamento definitivo, coas características e contido previstos no artigo 9 do Decreto 204/2000, do 21 de xullo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Por resolución motivada do órgano convocante, os/as aspirantes que non superen o período de prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto no citado artigo 9 do Decreto 204/2000, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Poderán incorporarse, en todo caso, ó curso inmediatamente seguinte que se realice coa puntuación asignada ó último dos participantes naquel. De aínda así non superalo, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

A resolución do órgano convocante pola que se suspende algún aspirante no período de prácticas ou no curso selectivo deberá ser motivada.

XVI. Nomeamento de funcionarios e toma de posesión.

a) Concluído o proceso selectivo e o período de prácticas e/ou curso selectivo, de se-lo caso, os aspirantes aprobados, cun número que non poderá exceder en ningún caso o das prazas convocadas, serán nomeados funcionarios de carreira polo alcalde-presidente, para ocupa-las prazas convocadas, unha vez que xustificasen documentalmente que cumpren os requisitos esixidos para o ingreso.

b) A proposta do tribunal cualificador terá carácter vinculante para a Alcaldía-Presidencia, que ordenará a publicación dos nomeamentos no Boletín Oficial del Estado, sen prexuízo da súa toma de posesión unha vez que se practique a notificación persoal do nomeamento.

c) A toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte á notificación do nomeamento. De non facelo sen existir causa xustificada que deberá ser alegada e aceptada, os nomeados quedarán na situación de cesantes.

Na toma de posesión, os aspirantes nomeados deberán prometer ou xura-lo cargo na forma establecida no artigo 1 do R.D. 707/1979, do 5 de abril, esixíndose ademais, no caso dos funcionarios da policía local, o compromiso de levar armas.

d) Os funcionarios, como consecuencia dos procesos selectivos que tivesen lugar, adscribiranse inicialmente ós postos de traballo vacantes, de acordo coas peticións dos interesados entre os postos ofertados a estes e segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo, sen prexuízo das atribucións da Alcaldía-Presidencia para asignar, discrecionalmente, os postos vacantes.

XVII. Carácter vinculante das bases.

As bases desta convocatoria vinculan a Administración municipal, os tribunais cualificadores e os aspirantes.

XVIII. Réxime xurídico supletorio.

Os procesos selectivos serán regulados polo disposto nas bases da convocatoria e, no non previsto nelas, pola Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, e pola Lei 42/1994, polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo Real decreto 364/1995, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado, o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre procedemento de selección na Administración local, e demais normas concordantes.

XIX. Incidencias.

O tribunal queda autorizado para a interpretación das bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación. Para estes efectos poderá adopta-los acordos necesarios, procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

XX. Norma derradeira.

As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración municipal poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do

tribunal conforme o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

ANEXO I

Programa temas convocatoria gardas da policia local

Grupo A:

Tema 1. A Constitución española de 1978. Estructura e principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais. Garantìa e suspensión destes. Estados de alarma, excepción e sitio.

Tema 2. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas: os estatutos de autonomía. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 3. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade galega en materia de seguridade.

Tema 4. O presidente da Xunta de Galicia. O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Tema 5. Os órganos de goberno municipais. O alcalde: concepto, carácter, elección e funcións. O Pleno do Concello. A Comisión Municipal de Goberno.

Tema 6. A potestade normativa e de autoorganización dos entes locais: ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedemento de elaboración e aprobación. Infraccións.

Tema 7. A función pública local. A súa organización. Grupos que a integran. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 8. O Código penal. Os delictos e as faltas. As persoas responsables. Grao de participación. Grao de execución.

Tema 9. O proceso penal. A detención. Delictos contra as persoas. Delictos contra o patrimonio. Delictos contra liberdade e seguridade. Delictos contra os recursos naturais e o ambiente. O atestado policial.

Tema 10. A cooficialidade lingüística na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 11. A Lei do uso do galego polas corporacións locais.

Tema 12. A Lei de normalización lingüística de Galicia.

Grupo B:

Tema 1. A Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade do Estado. Disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. Especial consideración do título V «Da policía local».

Tema 2. A Lei 3/1992, de coordinación de policías locais de Galicia. Normas básicas de estructura, organización e actuación das policías locais. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario. Funcións. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 3. Permisos e licencias de conducir. Documentación dos vehículos.

Tema 4. A Lei de seguridade viaria e os seus regulamentos. Competencias dos municipios en materia de tráfico e circulación. Inmobilización e retirada de vehículos. Supostos.

Tema 5. A circulación de vehículos. Normas de circulación. Sentido da circulación. Utilización de calzadas e carrís. Beiravías. Supostos especiais do sentido de circulación.

Tema 6. O atestado. Concepto, natureza xurídica, caracteres. Requisitos formais. Valor procesual. Dilixencias que integran o atestado. Destino do atestado.

Tema 7. Os accidentes de tráfico. Concepto. Evolución e fases do accidente. Elementos. Clases. Actuación inmediata en accidentes de tráfico. O atestado por accidente de tráfico.

Tema 8. Clasificación dos transportes por estrada. Consideracións sobre o transporte urbano, transporte escolar e de menores, transporte de mercadorías perecedoiras, transporte de mercadorías perigosas. Títulos habilitantes e outros documentos de control. O tacógrafo.

Tema 9. A infracción. O procedemento sancionador. Retirada do permiso de conducción. Medidas cautelares: inmobilizacións de vehículos, retirada de vehículos da vía pública. Delictos contra a seguridade do tráfico.

Tema 10. Función da policía local en materia de orde pública, seguridade cidadá, policía xudicial e policía de espectáculos. Os servicios de extinción de incendios e a protección de persoas e bens: actuación da policía.

Tema 11. Ordenanzas municipais. Ordenanza de retirada e depósito de vehículos. Ordenanza complementaria de tráfico. Ordenanza sobre ruídos e vibracións.

Tema 12. A policía local e a aplicación das ordenanzas de policía e bo goberno e fiscais. A policía local e o urbanismo. A policía local e as funcións de sanidade e abastecemento. Referencia ás licencias de apertura de establecementos. A policía local e os bens e instalacións municipais. Bandos da Alcaldía.

ANEXO II

Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que para o corpo da policía local se recollen no artigo 53 da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de segu

ridade, os test irán dirixidos a excluí-los/as aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do corpo, con estudio dos seguintes parámetros:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara ás normas sociais. Aparentemente, esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descubren a simple vista cando se atopan en serias dificultades; por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade; por tanto, presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen esta anormalidade dan a impresión de seren normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vengativos contra calquera que dea mostras de querer controlalos.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía poden estorba-los demais, xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha «situación crítica».

7. Histeria: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

9. Introversión social: refírese á tendencia ó illamento de contactos sociais, apatía, inseguridade, incapacidade de tomar decisións, lentitude, inflexibilidade de pensamento, etc.

Así mesmo, valóranse positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben

estar presentes no perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Forza da persoa mesma: refírese a unha boa integración persoal e unha estructura compacta da personalidade que lle serve para actuar ante presións externas e tensións emocionais. Desta forma pódese desenvolver un traballo de forma desenvolta e aproveitando as circunstancias.

2. Dominio: refírese á iniciativa social, persistencia, esforzo, preocupación, capacidade para o mando e identificación coa sociedade.

3. Responsabilidade: refírese á aceptación das consecuencias ocasionadas pola conducta, á conciencia das obrigas propias traducíndose en «ser digno de confianza», con gran sentido de pertenza ó grupo co que actúa e a mostrar unha integridade total.

4. Control: refírese ó autocontrol que poidan presenta-las persoas en calquera momento.

ANEXO III

Exclusións médicas

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento, que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desenvolvemento das súas funcións policiais.

Nestes casos, o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal, o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición: agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertzios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertzios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor: alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo: úlcera gastroduodenal e calquera outro proceso dixestivo que dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular: hipertensión arterial de calquera causa; as cifras en repouso non deben supera-los 145 mm/hg en presión sistólica, e os 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio: asma bronquial, broncopatía crónica obstructiva, pneumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.5. Sistema nervioso: epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.6. Pel e faneras: psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos: diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo á que se refire o punto 2.3.5, procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 12 de marzo de 2002.

Joaquín J. Gago López

Alcalde