Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.802

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de concurso, polo procedemento aberto, para a contratación de servicios de limpeza dos locais do Centro de Transfusión de Galicia.

A Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, para dar cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal

e contratación resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 69 00, fax 981 59 31 51.

2. Obxecto e orzamento do contrato: servicio de limpeza dos locais do Centro de Transfusión de Galicia (nº expediente 02-2002).

Orzamento: 76.000 euros.

Duración: 1 ano desde a data da sinatura do contrato.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación do servicio solucións alternativas ás definidas nas condicións técnicas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e urxente.

4. Fianzas e garantías: provisional: non se esixe fianza provisional. Garantía definitiva: polo importe do 4% do valor de adxudicación.

5. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e de condicións técnicas particulares pódense solicitar no Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido no número 2.2 do prego de condicións xurídicas.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto IX do prego de condicións técnicas particulares.

8. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 31 de maio de 2002.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de condicións xurídicas e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Centro de Transfusión de Galicia, a partir das 10 horas do día 10 de xuño de 2002.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2002.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Pública Centro

de Transfusión de Galicia