Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, mediante acordo do 21-3-2002, acordou a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín nº 1/2002, no polígono industrial de Pazos, segundo a proposta presentada pola Oficina de Planeamento e Xestión Urbanística Municipal, así como, consonte o disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia (LSG), sometelo a información pública durante o prazo do mes seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados o examinen e formulen as alegacións en relación coas previsións que contén, para o que teñen ó seu dispor o devandito documento nas oficinas municipais en horario de oficina.

A través do mesmo acordo, o Pleno, a teor do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, aprobou a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias na zona afectada pola modificación puntual.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde