Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do concello na sesión do día 27 de decembro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle na confluencia das rúas do Avío e Boiro, parcela Agro do Francés promovido por Constructora e Promotora Touro, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP nº 93, do día 24 de abril de 2002, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo