Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

Elaborado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Samos, ábrese un período de información ó público polo prazo dun mes, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Samos, 26 de abril de 2002.

Carlos Rafael Belón Ares

Alcalde