Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Samos.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: servicio de recollida de residuos sólidos urbanos e o seu transporte á planta de transferencia.

b) Duración do contrato: 5 anos.

c) Orzamento base de licitación: 30.783,35 euros anuais.

d) Garantía provisional: 615,67 euros.

e) Garantía definitiva: 4% do prezo total do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

Concello de Samos, praza de España 1. CP 27620 Samos (Lugo). Teléfono: 982 54 60 02. Fax: 982 54 61 22.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que se presentará: a requerida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Samos, praza de España, 1.

7. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte (excluídos sábados) o que se cumpran os 26 días naturais a contar desde o seguinte á publicación do presente anuncio.

8. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Samos, 11 de abril de 2002.

Carlos Rafael Belón Ares

Alcalde