Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.760

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (184/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos que se seguen neste xulgado sobre demanda de divorcio nº 184/2001, a instancia de Adderrahim Laazizi, contra María Soledad Martín Albizúa, se dictou a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Sentencia.

Na Coruña, dous de novembro de dous mil un.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 184/2001, por instancia de Abderrahim Laazizi, representada pola procuradora García-Boende Alonso, defendido polo letrado Herguedas de Diego, sendo a parte demandada María Soledad Martín Albizúa, declarada en situación legal de rebeldía.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda formulada pola procuradora Ana García-Boente Alonso, en nome e representación de Abderrahim Laazizi.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle á demandada rebelde, María Soledad Martín Albizúa, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado, no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos oportunos e lle sirva de notificación á demandada rebelde, María Soledad Martín Albizúa, expido este edicto na Coruña o 2 de novembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado