Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.760

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (201/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María Fernanda Piñeiro Seijas, contra Víctor Manuel Sánchez Rodríguez, sobre demanda de divorcio nº 201/2001, se dictou o seguinte edicto.

Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz de primeira instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co nº 201/2001, por instancia de María Fernanda Piñeiro Seijas, representada polo procurador Tovar de Castro, contra Víctor Manuel Sánchez Rodríguez, por medio desta cédula e con entrega das oportunas copias da demanda e dos documentos que se lle xuntan, confíreselle traslado e emprázase a parte demandada Víctor Manuel Sánchez Rodríguez para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, e propoña, de se-lo caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non lle facer máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste e lle sirva de emprazamento á parte demandada, Víctor Manuel Sánchez Rodríguez, expido esta cédula na Coruña o 9 de novembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado