Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.761

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (257/2001-J).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos que se seguen neste xulgado por instancia de Juan Luis Vázquez Sánchez contra Primitiva Barreiro Agra, sobre demanda de divorcio nº 257/2001-J, se dictou sentencia, con data do 9 de novembro de 2001, e para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse libra-lo seguinte edicto:

Sentencia.

Na Coruña, nove de novembro de dous mil un.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 257/2001, por instancia de Juan Luis Vázquez Sánchez, representado polo procurador Roberto Ramos Córdoba e defendido polo letrado Santiago Míguez Caridad, sendo a parte demandada Primitiva Barreiro Agra, declarada en situación legal de rebeldía.

Decido que estimando a demanda formulada polo procurador Roberto Ramos Córdoba, en nome e representación de Juan Luis Vázquez Sánchez, contra a súa consorte Primitiva Barreiro Agra, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do referido matrimonio, que tivo lugar na Coruña o 14 de agosto de 1997, cos efectos legais que iso implica.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mes

mo xulgado, no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos oportunos e lle sirva de notificación á demandada rebelde, Primitiva Barreiro Agra, expido este edicto na Coruña, o 9 de novembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado