Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.760

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (185/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos que se seguen neste xulgado co nº 185/2001, se dictou a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Sentencia.

Na Coruña, vintecatro de outubro de dous mil un.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 185/2001, por instancia de María Fernández Rey, representada pola procuradora Rilo Vaamonde e defendida pola letrada Martínez Fernández, sendo a parte demandada Jim Quantim, declarada en situación legal de rebeldía.

Decido que estimando en parte a demandada formulada pola procuradora Rilo Vaamonde, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Jim Quantim e María Fernández Rey, que tivo lugar na Coruña o 7 de setembro de 1993, cos efectos legais que iso implica.

Sen imposición de custas.

Notifíquese ó demandado rebelde, Jim Quantim, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado, no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos oportunos e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Jim Quantim, expido este edicto na Coruña o 24 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado