Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 19/2001 a Dolores Vilar López.

A delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 19/2001, seguido en función de denuncia formulada por Tristán Calvo Sánchez, contra Dolores Vilar López, finalizando este trámite con resolución de expediente sancionador por non repoñe-las obras ilegais denunciadas na vivenda nº 8 da rúa Concello de Cervo, de Foz, ó seu estado orixinal.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 19/2001:

Vista a denuncia presentada por Tristán Calvo Sánchez contra Dolores Vilar López como propietaria da vivenda nº 8 da rúa Concello de Cervo, de Foz (Lugo), e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 6 de agosto de 2001, Tristán Calvo Sánchez formula denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre a realización de obras ilegais na vivenda nº 8 da rúa Concello de Cervo, de Foz, propiedade de Dolores Vilar López.

Segundo.-Consecuentemente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 180/2001, nas que se comprobou, mediante informe dos servicios técnicos deste instituto, a realización de obras no inmoble citado que supoñen aumento de volume respecto ó estado primitivo, e a variación da configuración arquitectónica do edificio, coa apertura de ventás en espacio baixo cuberta e cambio de situación da porta de entrada á vivenda.

Terceiro.-Con data do 14 de decembro de 2001 dictouse proposta de resolución do citado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a Dolores Vilar López dunha sanción consistente nunha multa de 601,02 euros. A dita proposta foille notificada á denunciada a través do Diario Oficial de Galicia, con data do 19 de febreiro de 2002, ó atoparse ausente do seu domicilio no momento da notificación.

Concedido un prazo de 15 días á denunciante e ó denunciado para que formulasen alegacións, ningunha das partes intervenientes fixo uso dese dereito.

Feito probado.

Único.-Determínase, así, como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación da emenda das obras realizadas, que Dolores Vilar López incumpriu a obriga de adecua-las obras realizadas na vivenda en cuestión á normativa de protección oficial.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada na letra e, do artigo 5, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... a execución de obras en vivendas de protección oficial que modifiquen o proxecto aprobado sen a previa autorización da administración competente, aínda que se axusten ás ordenanzas técnicas e normas constructivas que sexan aplicables, durante o prazo de vixencia da cualificación provisional ou definitiva».

3. Que o artigo 7, punto 1.b), da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda, sanciona con multa de 601,02 ata 3.005,06 euros, as infraccións cualificadas como graves, sen prexuízo da adopción de medidas de execución forzosa recollidas no artigo 96 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a Lei 13/1996, do 30 de decembro, autorizándose en calquera caso a Administración a impoñer multas coercitivas encamiñadas a consegui-lo cumprimento das resolucións recaídas en expediente sancionador.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infracción en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Primeiro.-Sancionar a Dolores Vilar López, como autora dunha infracción cualificada como grave no artigo 5 letra e, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, cunha multa de 601,02 euros pola realización de obras ilegais na vivenda nº 8 da rúa Concello de Cervo, de Foz.

Segundo.-Que conforme o disposto no número 2, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación para as que a súa execución foi requirida por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 13 de marzo de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo