Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002 pola que se fai pública a Cédula do 21 de marzo deste ano, pola que se notifica a resolución do expediente de solicitude de concesión administrativa solicitada pola empresa Aislamientos Sol y ABC, S.L., devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 do novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á empresa co último domicilio coñecido que se relaciona no anexo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol, a resolución dictada polo presidente de Portos de Galicia, no expediente de solicitude de concesión administrativa presentada por Aislamientos Sol y ABC, S.L., para a ocupación dunha parcela da zona de servicio do

porto de Burela con destino a depósito de materiais e ferramentas, e que na súa parte resolutiva dispón literalmente:

«RESOLVE:

Entender desistido da súa solicitude de concesión administrativa dunha parcela do porto de Burela destinada a depósito de materiais e ferramentas a Aislamientos Sol y ABC, S.L., declarando concluso o procedemento e decretando a incautación da fianza provisional depositada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro».

Para que conste e sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 do novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2002.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación

ANEXO

Interesado: Aislamientos Sol y ABC, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ Magdalena, 174-176 baixo, 15402 Ferrol (A Coruña).

Intento de notificación: 14-11-2001.