Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN de 26 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite urxente, para a contratación dunha consultoría para a avaliación das políticas integrais para a atención ás persoas maiores con dependencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: C 9/02.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: avaliación das políticas integrais para a atención ás persoas maiores con dependencia.

b) Lugar de realización da consultoría: Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución: 17 semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 96.161 euros (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 1.923,22 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50; fax: 981 54 69 69.

e) Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1.167.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: as sinaladas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n-Santiago de Compostela).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

9. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral Consellería de Asuntos Sociais