Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 278/2002.

Non sendo atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 278/2002.

Acta inf. nº: 1516/2001.

Empresa: Urproman, S.L.

NIF/DNI: B-15483696.

Enderezo: r/ Alcalde Pérez Ardá, nº 14-2º A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.503,13 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita realizada á obra de construcción sita en r/Francisco Comesaña, s/n Santa Cruz (Oleiros), comprobouse que o traballador da empresa Urproman, S.L. Julio Fernández Pérez estaba a manexar un guindastre torre desmontable para obra, carecendo de título de operador de grúa.

Resulta infrinxido o artigo 12 da Orde do 17-8-1992 e o artigo 39 do Decreto 204/1994, do 16 de xuño, ámbolos dous da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, tendo en conta o disposto no artigo 6 b) da parte C do anexo IV do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16 b) e 39 e 40, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes da notificación.

A Coruña, 23 de abril de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña