Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 120/2002 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle ás persoas que de seguido se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe do Negociado, Constantino Alvar Cabido, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Reglamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de novembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 25 de marzo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Sanción

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 120/200226 e) LO

1/1992

Poeta Cabanillas, 11-1º

Lugo

300,51 euros

Eusebia Sánchez AraújoX-189761-FLU-E 101/200226 e) LO

1/1992

Poeta Cabanillas, 11-1º

Lugo

300,51 euros

María López Salgado32841483LU-E 107/200226 e) LO

1/1992

Luciano Trabadelo, 7

Chantada

300,51 euros

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Sanción

María López Salgado32841483LU-E 113/200226 e) LO

1/1992

Luciano Trabadelo, 7

Chantada

300,51 euros

O Verxel, C.B.

(Manuel A. Otero Ferreiro e

Miguel López Rodríguez)

E-27230101LU-E 76/200226 e) LO

1/1992

R/ Duquesa de Alba, 18

Monforte de Lemos

300,51 euros

Gustavo Fernández Pérez76623143LU-E 72/200226 e) LO

1/1992

Tino Grandío, 12, Lugo300,51 euros

Juan Manuel Herrán López33335217LU-E 61/200226 e) LO

1/1992

Marina Española, 14-4º

Lugo

300,51 euros

Juan Manuel Herrán López33335217LU-E 56/200226 e) LO

1/1992

Marina Española, 14-4º

Lugo

300,51 euros