Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións do expediente sancionador por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 280/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), noti

fícaselle á persoa que de seguido se relaciona, a quen non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer a interesada recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtese que, de non ser presentado o recurso en tempo e forma deberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións que se achega con esta

notificación ou que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 25 de marzo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Sanción

María López Salgado32841483LU-E 280/200126 e) LO

1/1992

Luciano Trabadelo, 7

Chantada

240 euros