Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de abril de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 64/01.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non des

tina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Pola dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 601,02 euros (100.001 pesetas), sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déaselle traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes. A presente proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 9 de abril de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 64/01.

Juan Otero Espinar.

Rúa Estocolmo, 10-2º A.

(Polígono das Fontiñas).

Santiago de Compostela.

Sanción de multa de 601,02 euros.