Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de abril de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución do expediente sancionador VP-C 39/01.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do expediente sancionador VP-C 39/01, por non te-lo visado do IGVS no contrato de compra-venda da vivenda, causa prevista no artigo 6.F da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Pola dita infracción impónselle unha multa de 3.005,07 euros, conforme o establecido no art. 7 b) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

De non cumprir esta resolución en tódolos términos, utilizaranse as multas coercitivas previstas no artigo 166 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 9 de abril de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 39/01.

Amable Rivas Cupeiro.

R/ Pintor Bello Piñeiro, 40-42.

Esquina Fontaíña.

Edificio Bello Piñeiro, Portal 2-1º dta.

Ferrol.

Sanción de multa de: 3.005,07 euros.