Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do servicio de mensaxería urxente. (C.P. 2/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

Contratación de servicios: mensaxería urxente (lote único).

Os licitadores terán que concorrer á totalidade do lote, o contido do cal figura descrito no prego de prescricións técnicas.

Orzamento: 45.680 A, IVE incluído.

Clasificación: non se esixe.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: 24 meses desde a data de formalización do contrato.

Admisión de variantes: ver punto 5 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 17 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Organización do servicio (recursos humanos, materiais...), ata 55 puntos. 2) Prezo, ata 40 puntos. 3) Melloras (tempo de resposta, medios de localización, tipo de seguro xenérico con que conta a empresa...), ata 5 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do orzamento base de licitación do que sexa adxudicatario.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal, antes das 14 horas do vixésimo día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS. XX. do complexo hospitalario, ás 9 horas do decimoprimeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 8 de abril de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense