Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados interhospitalarios do Complejo Hospitalario de Ourense.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección

Xeral de Orzamentos, edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario de Ourense.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo previsto de oitocentos corenta e un mil catrocentos dezaseis euros (841.416 euros).

5. Fianzas e garantías: garantía definitiva por importe de trinta e tres mil seiscentos cincuenta e cinco euros (33.655 euros).

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica: acreditaranse conforme o establecido nos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o apartado 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas 2-1 do Sergas (2ª planta), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos