Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza do Centro de Especialidades de Mollabao, dependente do Complexo Hospitalario de Pontevedra. (Expediente CP016/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 j) na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convoca o concurso público nº 016/2002, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: contratación do servicio de limpeza do Centro de Especialidades de Mollabao, dependente do Complexo Hospitalario de Pontevedra, por un orzamento máximo de cento sesenta mil (160.000) euros. Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: dous anos a partir da data de formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no hospital provincial, r/ Loureiro Crespo, 2. 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 00 00 (extensión 77309, 77320 e 77150) ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo da Internet: www.sergas.es.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación. Definitiva: o 4% do importe de adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no punto 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexis

tro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 23 de abril de 2002.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra