Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de alimentación do complexo, no centro Hospital Provincial, mediante concurso público e polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 020/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6.j) na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, pola que se require autorización expresa do presidente do Servicio Galego de Saúde para a celebración deste contrato, autorización concedida o 12 de abril de 2002, resolve convoca-lo concurso público nº 020/2002, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de alimentación do Complexo Hospitalario de Pontevedra no centro Hospital Provincial, por un orzamento dun millón oitocentos seis mil trescentos (1.806.300) euros. Imposto sobre o valor engadido, incluído.

2. Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato, por un período de dous anos.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, poderán ser solicitadas na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial, r/ Loureiro Crespo, 2. 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono: 986 80 70 00 (extensión 77309, 77320, 77150), ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo da Internet: www.sergas.es.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación (36.126 euros), que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares. Definitiva, o catro por cento da adxudicación.

5. Solvencia económica e financeira: exenta por esixir clasificación económica.

6. Solvencia técnica: exenta por esixir clasificación económica.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).

8. Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez horas do decimoprimeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirán a presentación de variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 23 de abril de 2002.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra