Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

No BOP da Coruña nº 92, correspondente ó día 23 de abril de 2002, aparece publicada a convocatoria para a contratación laboral fixa, polo sistema de concurso-oposición libre, de tres prazas de auxiliar administrativo, encadradas na escala de Administración especial, subescala auxiliares, pertencentes ó grupo D.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente, cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.

Ames, 25 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado