Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do once de abril de dous mil dous, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 21.1 promovido por Construcciones y Promociones Rodeiriña, S.L. de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que estime pertinente.

Cangas, 16 de abril de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde