Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO de licitación.

O alcalde-presidente deste concello, por Resolución do 4 de abril de 2002 aprobou o expediente de contratación da obra de iluminación pública na travesía de San Ramón incluído no POS 2002 e a iniciación do correspondente expediente de licitación mediante concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria. De conformidade co artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase o correspondente concurso coas seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Moeche.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: é obxecto do concurso de adxudicación do contrato de obras de iluminación pública en travesía de San Ramón. Segundo o proxecto redactado polo enxeñeiro técnico industrial Ignacio Paz Alonso.

Lugar de execución: Moeche.

Prazo de execución: 3 meses.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 62.628,50 A.

5. Garantía provisional: 1.252,57 A.

6. Obtención de información.

Entidade: Concello de Moeche.

Domicilio: Campos do Foxo, s/n.

Localidade: Moeche.

Teléfono: 981 40 40 06.

7. Requisitos específicos do contratista: ningún.

8. Presentación de ofertas: data límite de presentación: 26 días a partir da publicación do último anuncio (BOP ou DOG).

Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Moeche.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: Concello de Moeche.

Data e hora: 12 horas do 3º día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moeche, 5 de abril de 2002.

Xulio Cribeiro García

Alcalde