Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo pleno corporativo deste concello, na sesión extraordinaria realizada o día dezaoito de marzo do presente ano, o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do terreo da zona G do recheo de Cee, exponse ó público polo prazo dun mes na secretaría municipal en horas hábiles de oficina.

O que se fai público para o seu exame e posibles reclamacións en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Cee, 1 de abril de 2002.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente