Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: concesión da explotación da escola municipal de educación infantil.

b) Lugar de execución: Monterroso.

c) Prazo de execución: 2 anos, prorrogables mediante acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: non se establece canon de explotación. Os ingresos do concesionario virán determinados pola taxa de matrícula aprobada e as subvencións autonómicas e municipais que se sinalan na cláusula 6ª.

6. Garantías:

a) Provisional: 150,25 A.

b) Definitiva: 1.202,02 A.

6. Obtención de información: Concello de Monterroso-praza de Galicia 1. Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.

a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditaranse polos medios que se establecen na base 14ª. 4) das instruccións, normas e especificacións (sobre C, Referencias técnicas).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da última publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas:

Sobre A: comprenderá a oferta económica, segundo o modelo que se establece no anexo número V do

prego.

Sobre B: documentación xeral: a comprendida na base 14.4º do prego, das instruccións, normas e especificacións.

Sobre C: referencias técnicas: as sinaladas na base 14.4º do prego, das instruccións, normas e especificacións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso. Praza de Galicia número 1. CP: 27560 Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: dous meses contados desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

9. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Monterroso o quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.

Monterroso, 24 de abril de 2002.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente