Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión do 22 de febreiro de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle que comprendese unha parcela situada na rúa Vista ó Mar na praia América, promovido por Ferymol, S.L.

Contra o citado acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro que coide procedente.

Nigrán, 25 de marzo de 2002.

Manuel Rial Cadaval

Alcalde