Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2002 pola que se anuncia concurso urxente, para a contratación das obras de mellora ambiental no núcleo histórico de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

1.3. Número de expediente: 249/2002.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso urxente para contratar a cinco empresas para a execución das obras de mellora ambiental no núcleo histórico de Ourense.

2.2. Prazo de execución: o prazo do contrato é de 8 meses, contado desde o día seguinte ó da formalización do contrato. O contrato poderá prorrogarse por iguais períodos, ata un máximo de catro prórrogas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. O prezo máximo do contrato é de 90.151,82 A (IVE incluído), para cada unha das cinco empresas contratadas.

4.2. O prezo máximo para cada prórroga será de 90.151,82 A.

5. Fianzas.

5.1. Definitiva: 4% do orzamento total do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

7.2. Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 07, categoría c.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala nos artigos 11 e 12 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1, das 9 ás 13 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 3 de abril de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde