Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.340

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (67/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 67/2001 contra Ana Jato Nogueira e outros sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia. A Coruña, vintiún de marzo de dous mil dous. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 67/2001 seguidos a instancia de Manuel Pavón Blanco, maior de idade, asistido por Néstor Valcárcel Cabo, contra Ana Jato Nogueira, representada e asistida pola letrada María Luisa Cid Castro, Ana Julia Harfuch, representada e asistida polo letrado Alberto Garay López, Asociación Apadan, representada por Carmen Gómez e asistida polo letrado Miguel Martín Trillo, e contra Marcos David Diego Álvarez e Rodolfo Fernández Pazos, que no compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación outros extremos;

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido: que estimando a falta de competencia desta orde xurisdiccional social alegada polos codemandados debo absterme e abstéñome de coñecer sobre o fondo da demanda interposta pola instancia do actor Manuel Pavón Blanco contra Ana Jato Nogueira, Ana Julia Harfuch, Asociación Apadan, Marcos David Diego Álvarez e Rodolfo Fernández

Pazos, sendo competente, se é o caso, a orde xurisdiccional civil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpoñe-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentencia, da que coñecerá se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Marcos David Diego Álvarez mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, dous de abril de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado