Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.340

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (681/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social numero tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 681/2001 seguidos a instancia de Marcos Segade Muíño contra Sportif Centro de Salud, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 21-3-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por Marcos Segade Muíño, contra a empresa Sportif Centro de Salud, S.L. condénoa a aboarlle a cantidade de 5.270,14 euros que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte o da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604.0000.60 681-2001 de BBVA desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sportif Centro de Salud, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 2 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado