Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.341

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto de aclaración (921/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 921/2001 sobre salarios, nos que recaeu auto de aclaración de sentencia con data de que copiada nos particulares necesario di así:

Parte dispositiva: ha lugar á aclaración solicitada, e en consecuencia o seu dictame quedará do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda promovida por Ana Isabel García Añón contra a empresa Peruf Internacional, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante na data 3-11-2001 condenando á demandada a que no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou aboamento da cantidade de 216,95 euros (36.098 pesetas) en concepto de indemnización e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 29,33 euros (4.880 pesetas) diarios.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de

interpoñe-lo recurso declarándose este desasistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia do que se unirá certificación os autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa expido e asino esta cédula na Coruña.

A secretaria xudicial

Rubricado