Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.341

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (16/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 16/2002, seguidos por instancia de Ana García Gallego, contra a empresa Infersa Galicia, S.A., sobre cantidade, se dictou a sentencia que ten o seguinte encabezamento e decisión: sentencia. En Lugo, o dous de abril do ano dous mil dous.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 18/2002, sobre cantidade, no que son partes como demandante Ana García Gallego, representada pola letrada Cristina García Gallego, e como demandado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non comparece a empresa Infersa Galicia, S.A., pese a estar citada en legal forma. Decido: que acollendo a excep

ción de pluspetición invocada polo Fogasa e estimando en parte a demanda interposta por Ana García Gallego, contra a empresa Infersa Galicia, S.A., debo condenar e condeno a patronal demandada a que lle aboe á demandante a cantidade bruta de mil catrocentos cincuenta e dous euros con noventa céntimos de euro (1.452,94 euros) polos conceptos xa expresados no segundo, in fine, dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa ulterior e eventual responsabilidade subsidiaria en caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe recurso ningún, polo que se declara a súa firmeza (ex. art. 189.1º TRLPL, 100 da LPL e 248.4º LOPX).

Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada-xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, o que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Infersa Galicia, S.A., en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de abril de 2002.

Rubricado