Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de abril de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona resolución de solicitude de declaración de prescrición pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Ventoso Fontán, Juan Ramón).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de solicitude de declaración de prescrición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con domicilio na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de abril de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Ventoso Fontán, Juan Ramón

NIF: A-36025351

R/ Xogo, 7-2º-Faxilde

Vilagarcía

Solicitude de declaración de prescrición

Expte.: 129.1/93

Liq.: 8951000526