Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.339

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (349/1999).

Por telo así acordado a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un da Coruña María Antonia Rey Eibe, en providencia do día da data, recaída na execución número 152/1999 (autos número 349/1999), seguida por instancia de Consuelo García Fuentes, contra Mercedes Fernández Mato e sobre salarios, e co fin de obte-la cantidade de 930.012 pesetas de principal, (5.589,48 euros) máis 90.000 pesetas (540,91 euros) calculados provisionalmente en concepto de custas e xuros, pola que se dictou auto de execución, contra o condenado, polo presente edicto anúnciase a venda en pública poxa que se celebrará o día trinta de maio de dous mil dous ás doce trinta horas, na sala de audiencia deste xulgado (no primeiro piso do edificio dos xulgados, r/ Monforte número un da Coruña), dos seguintes bens propiedade do condenado:

1. Monte Tallón de Serantes.

Predio na parroquia de Fao-Pena, limita ó norte, propiedade de Antonio Couto; sur, propiedade de José Louzao Pallares; leste, propiedade de herdeiros de Ramón Varela; e oeste, propiedade de Manuel Vilas Cao.

Superficie: 0328 h referencia catastral

150860000005000569FR.

Solo valorado en 147,85 euros (24.600 pesetas.).

2. Monte As Penas dos Monteiros.

Predio na parroquia de Fao-Pena, linda ó norte, José Fernández Puga; sur, propiedade descoñecida; leste, herdeiros de Manuel Esturao; e oeste, estrada que une as parroquias de Vilar e Calvos.

Superficie: 1.070 metros cadrados.

Solo valorado en 385,85 euros (64.200 pesetas.).

3. Monte Barranca da Tenza.

Predio na parroquia de Fao-Pena, linda ó norte, propiedade de herdeiros de Manuel Esturao; sur, propiedade de Concepción Barreiro; leste, propiedade de Manuel Fernández Puga; e oeste, herdeiros de Juan Puga.

Superficie: 4.288 metros cadrados.

Solo valorado en 644,28 euros (107.200 pesetas.).

O prego de condicións e requisitos para tomar parte na poxa están expostos no taboleiro de anuncios do xulgado e do Concello de Touro.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 2 de abril de 2002.

Agustín Ignacio Pena López

Secretario xudicial