Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.339

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

EDICTO (38/2000).

Nos autos de referencia dictouse sentencia que copiada na súa parte interesada é como segue:

Encabezamento:

En Ferrol, quince de novembro de dous mil un.

Por Jesús Souto Herreros, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro desta cidade e o seu partido, foron vistos os presentes autos de xuízo de cognición número 38/2000, seguidos por instancia da entidade Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, representada pola procuradora Riesgo Fernández e coa dirección do letra

do Anca Mesejo, contra Gustavo Rodríguez Núñez, en rebeldía e conforme coa demanda.

Dictamino:

Que estimo integramente a demanda formulada pola entidade Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, representada pola procuradora Riesgo Fernández e coa dirección do letrado Anca Mesejo, contra Gustavo Rodríguez Núñez, en rebeldía e conforme coa demanda, e na súa virtude:

a) Condeno ó demandado a que lle aboe ó demandante a cantidade de duascentas setenta e nove mil oitenta e nove pesetas (279.089 pesetas) (mil seiscentos setenta e sete euros con trinta e seis céntimos de euro 1.677,36 euros), máis os xuros moratorios ó tipo pactado do 14,25% anual, a computar sobre a cantidade de 260.912 pesetas (capital máis xuros ordinarios), desde o 22-7-1999 ata a completa execución da sentencia e, así mesmo,

b) Condeno o demandado ó pagamento das custas do proceso, se as houber.

E para que sirva de notificación en forma a Gustavo Rodríguez Núñez, en ignorado paradoiro, estendo e asino este edicto en Ferrol, vintedous de marzo de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado