Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.339

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (426/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 426/2001 se dictou a seguinte cédula de citación:

O/A xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede co fin de que o vindeiro día sete de maio ás doce horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciante-denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acurdir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercíbese de que de residir neste concello, e non comparecer nin alegar causa xusta que llo impida, poderáselle impor unha multa, recaendo sobre vostede o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Betanzos, o trinta de marzo de dous mil dous.

E para que conste e sirva de citación a David Núñez Sande, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o trinta de marzo de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE FERROL