Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.999

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (670/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e

testemuño nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 670/2001 contra as empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia. A Coruña, vinteseis de marzo de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous deta cidade, viu os presentes autos de xuízo 670/2001, seguidos por instancia de Manuela Figueira Ribadas, Vanesa Cabanas López, María Belén Fila Sánchez, maiores de idade, asistidas polo letrado Carlos Ogando Valcárcel, contra as empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., que no compareceron nos autos, intervindo o Fondo de Garantía Salarial representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, é obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Manuela Figuera Ribadas, Vanesa Cabanas López, María Belén Fila Sánchez, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial debo condenar e condeno as empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L. que aboen os demandates as cantidades: 1.702,88 euros a Manuela Figueira Ribadas; 2.043,13 euros a Vanesa Cabanas López e, 3.303,01 euros a María Belén Fila Sánchez, polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolucón ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de despósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña, vinteseis de marzo de 2002.

Secretario xudicial

Rubricado