Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.000

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (883/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e

testemuño nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 883/2001 contra as empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L. sobre salarios, dictóuse a seguinte sentencia:

«Sentencia. A Coruña, vinteseis de marzo de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 883/2001, seguidos por instancia de Sandra Bonome Bellas, maior de idade, asistida polo letrado Carlos Ogando Valcárcel, contra as empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., que no compareceron nos autos, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, é obxecto de reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sandra Bonome Bellas coa intervención do Fondo de Garantía Salarial contra as empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., condenando as demandadas solidariamente a aboarlle á demandante a cantidade de 3.219,15 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de depósitos e consignacións que esta xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña, vinteseis de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado