Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.000

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (127/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 127/2002 contra as empresas Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss La

Coruña, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia. A Coruña, vinteseis de marzo de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuizo 127/2002 seguidos por instancia de Concepción Arias Pérez, Ana Celsa Domínguez Reigosa, Erica Irma Suárez Rey y Francisco Xosé Gómez García, maiores de idade, asistidos polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra as empresas Rediscarta Galicia, S.L. y Repriss La Coruña, S.L., que non compareceron nos autos, e interviniendo o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, é o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes, intervindo o Fondo de Garantía Salarial, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado o 21-1-2002 e extinguida a relación laboral, condenando ás empresas condemandadas Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss La Coruña, S.L., a que, solidariamente, lles aboen ós demandantes as seguintes cantidades polo concepto de indemnización e salaios de tramitación: a Concepción Arias Pérez, 1.463,63 euros máis 675,20 euros; a Ana Celsa Domínguez Reigosa, 949,38 euros máis 675,20 euros; a Erica Irma Suárez Rey, 909,82 euros máis 675,20 euros, y a Francisco Xosé Gómez García, 1.124,93 euros máis 417,28 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás empresas Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss La Coruña, S.L., que teñen o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña, vinteseis de marzo de 2002.

Secretario xudicial

Rubricado