Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.999

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (276/2001).

Por habelo así acordado, en resolución do día da data nos autos de xuízo de separación que neste xulgado se seguen baixo o número 276/2001 por instancia de María Isabel Crisman Riveiro, representada polo procurador José Andrade Suárez contra Eduardo de Jesús Bustelo, emprázase a Eduardo de Jesús Bustelo, que se encontra en ignorado paradoiro para que no termo de vinte días hábiles compareza en autos contestando a demanda por escrito, representado polo procurador e asistido de letrado; apercibíndoo que se non comparece no indicado prazo, declararáselle en situación de rebeldía procesual.

E, para que así conste e sirva de emprazamento en forma ó demandado Eduardo de Jesús Bustelo, que se encontra en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Negreira, vinteseis de marzo de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado