Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.961

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, que foi subscrito pola representación dela e polo comité de empresa do referido persoal, no que están representados os sindicatos CIG, CC.OO., UGT e as agrupacións electorais QSA e CU, en xuntanza celebrada o 11 de abril de 2002, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo para o persoal laboral da USC

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

TÍTULO I

Determinación das partes que o concertan

Artigo 1º.-Partes do convenio.

Concertan este convenio por unha banda a Universidade de Santiago de Compostela, universidade pública de Galicia, e por outra o comité de empresa no que están representados os sindicatos CIG, CC.OO., UGT e as agrupacións electorais QSA e CU.

TÍTULO II

Condicións de aplicación e vixencia

Artigo 2º.-Ámbito funcional e territorial.

Aplicaranse as normas contidas no presente convenio ó conxunto das actividades e servicios prestados pola Universidade de Santiago de Compostela (en diante USC) en canto afecten o persoal ó que se refire o artigo seguinte.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

1. O presente convenio regula as relacións xurídico-laborais entre a USC e os traballadores que prestan os seus servicios nela. As normas contidas neste convenio serán de aplicación a todo o persoal que preste servicios en virtude de relación xurídico-laboral común formalizada en contrato asinado polo interesado e polo rector, percibindo as súas retribucións con cargo ás partidas correspondentes do orzamento de gastos da USC.

2. Non se atopan incluídos no ámbito de aplicación do convenio:

a) O persoal docente e investigador con relación xurídico-laboral coa universidade.

b) Os traballadores con contratos vinculados exclusivamente ó desenvolvemento de programas, proxectos e contratos de investigación, ou a estudios propios da universidade.

c) As relacións xurídico-laborais contidas no artigo 1.3º e as especiais do artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Ámbito temporal, revisión, prórroga e denuncia.

O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (en diante DOG) e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2004. Os seus efectos económicos aplicaranse desde o 1 de xaneiro de 2001 e, ó seu termo, quedará automaticamente prorrogado por períodos anuais, agás denuncia expresa dalgunha das partes.

Durante o período de vixencia deste convenio, as condicións retributivas fixadas nel serán revisadas anualmente con efectividade desde o primeiro de xaneiro, en virtude do incremento porcentual que determinen as respectivas leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega, para o persoal sometido ó réxime estatutario da función pública. Igualmente, se nas referidas leis de orzamentos se establecesen condicións máis beneficiosas para o citado persoal, estas faranse extensivas ós grupos

correspondentes do persoal laboral suxeito ó presente convenio.

Artigo 5º.-Compensación, absorción e condicións máis beneficiosas.

1. As condicións e melloras resultantes deste convenio compensarán, na súa totalidade, as que rexeran anteriormente por condicións pactadas, acordos da universidade, imperativo legal de calquera natureza ou por calquera outra causa.

2. As disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou nalgún dos conceptos retributivos ou creación doutros novos unicamente terán eficacia se, consideradas no seu cómputo anual e sumadas ás vixentes con anterioridade as devanditas disposicións, superan o nivel retributivo total deste convenio. No caso contrario consideraranse absorbidas polas melloras aquí pactadas.

3. A entrada en vigor deste convenio implica a substitución das condicións laborais vixentes ata a data polas que nel se establecen, por estimar que no seu conxunto, e globalmente consideradas, supoñen condicións máis beneficiosas para os traballadores, e quedan, non obstante, subordinadas a calquera disposición de carácter xeral que puidese ter efectos máis favorables e sen prexuízo en todo momento da aplicación da lexislación vixente.

4. Respectaranse, manténdose estrictamente ad personam, as condicións particulares que, con carácter global e en cómputo anual, excedan do conxunto de melloras do presente convenio e veñan derivadas de norma preexistente ou convida colectivamente.

Artigo 6º.-Unidade de convenio.

1. As condicións pactadas no presente convenio constitúen un todo orgánico e indivisible, en consecuencia as partes quedan mutuamente obrigadas ó cumprimento da súa totalidade. Para os efectos da súa aplicación práctica as condicións non poderán ser renegociadas separadamente do seu contexto nin se poderá aplicar parte do seu articulado desbotando o resto.

2. No suposto de que a xurisdicción laboral declarase a nulidade dalgunha das cláusulas pactadas, ámbalas dúas partes decidirán, de mutuo acordo, a necesidade de renegocia-las devanditas cláusulas e aquelas que se vexan afectadas, baixo o principio de que a nulidade dalgunha ou dalgunhas delas non supoñen a nulidade de todo o convenio.

TÍTULO III

Comisión paritaria para a vixilancia e interpretación do convenio

Artigo 7º.-Creación.

Constituirase unha comisión paritaria de vixilancia e interpretación do convenio, para o exame e resolución de cantas cuestións se deriven da súa interpretación, vixilancia e aplicación.

Artigo 8º.-Composición.

1. Estará composta por catro membros representantes do persoal laboral designados polas centrais sindicais ou agrupacións electorais asinantes do presente convenio en proporción ós resultados obtidos nas últimas eleccións sindicais e por idéntica representación da USC. As partes poderán nomear asesores que asistirán con voz pero sen voto.

2. A comisión paritaria constituirase por iniciativa de calquera das partes no prazo dun mes contado a partir da data da publicación do convenio no DOG. Na sesión constitutiva procederase a designa-las persoas que exercerán a presidencia e a secretaría da comisión.

3. Son competencias da comisión:

a) A interpretación da totalidade do articulado e cláusulas do convenio.

b) Vixia-lo cumprimento do pactado.

c) A conciliación previa naqueles conflictos de carácter colectivo derivados da interpretación do presente convenio e aqueloutros que calquera das partes sometan á súa consideración.

d) Aproba-lo seu regulamento de funcionamento interno.

e) Calquera outro asunto que se lle encomende no articulado deste convenio.

4. Os acordos da comisión paritaria requirirán o voto afirmativo da maioría de cada unha das partes integrantes. Estes acordos, que vinculan as partes nos mesmos termos con que o fai o presente convenio, serán recollidos en actas que se incorporarán como anexos e poderá establecerse no acordo o prazo para a súa execución.

5. A comisión reunirase por convocatoria do seu presidente ou trala petición do 50% de calquera das partes.

6. A universidade e cada central sindical ou agrupación con representación na comisión poderá solicitar información relacionada con asuntos da competencia desta, a través da secretaría.

7. A comisión, en caso de denuncia do convenio, continuará desenvolvendo as súas competencias sobre a parte do convenio que siga vixente.

Artigo 9º.-Comité intercentros.

Poderá constituírse un comité intercentros cun máximo de trece membros. A súa composición será proporcional ós resultados obtidos por cada central sindical ou agrupación electoral nas últimas eleccións sindicais. Terá as competencias que lle delegue o comité de empresa no seu Regulamento de réxime interno.

Artigo 10º.-Procedemento extraxudicial de solución de conflictos.

1. Os conflictos que se orixinen durante a vixencia do presente convenio como consecuencia da interpretación diverxente dalgunha ou algunhas das cláusulas convencionais polas partes asinantes ou por algún ou algúns dos seus destinatarios, deberán ser presentados ante a comisión paritaria quen os resolverá mediante un acordo por escrito nun prazo máximo de 30 días.

2. A comisión paritaria poderase abster de intervir naqueles casos en que as reclamacións foran tramitadas simultaneamente pola vía xudicial.

3. Por ser conscientes as partes asinantes deste convenio da conveniencia de chegar a unha solución extraxudicial da conflictividade laboral, tanto na súa vertente individual como colectiva, facúltase a comisión paritaria para que desenvolva un sistema de solución extraxudicial de conflictos.

TÍTULO IV

Clasificación profesional

Artigo 11º.-Sistema de clasificación.

A clasificación profesional ten por obxecto a determinación, ordenación e definición dos diferentes grupos e categorías profesionais. O sistema de clasificación que se inclúe no presente convenio estructúrase en grupos profesionais, categorías, e, se é o caso, especialidades:

O grupo profesional agrupa unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación laboral que se corresponde con elas. A pertenenza a un grupo profesional capacita para o desempeño de tódalas tarefas e cometidos que lle son propios, sen máis limitacións que as derivadas da esixencia das titulacións específicas e demais requisitos de carácter profesional.

A categoría profesional recolle os contidos funcionais e o nivel de formación requirida para o desempeño, a especialidade incorpora as categorías profesionais e contidos técnicos especializados. As categorías profesionais que se fixan neste convenio, así como a integración delas nos respectivos grupos profesionais, son as que figuran no anexo I-cadro de equivalencias entre categorías coas súas correspondencias nos sistemas de clasificación vixentes ata o momento.

Artigo 12º.-Grupos profesionais.

Grupo I: inclúense neste grupo aqueles traballadores que no desempeño do seu traballo teñan que realizar tarefas técnicas ou complexas con obxectivos xerais definidos e de alto grao de esixencia en autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Formación: título de doutoramento, licenciatura, arquitectura, enxeñería ou equivalente.

Grupo II: inclúense neste grupo aqueles traballadores que no desempeño do seu traballo leven a cabo funcións que supoñan a realización de tarefas complexas pero homoxéneas, cun contido formativo que para a súa realización require unha certa capacidade de integración e optimización de recursos, dentro dun marco de instruccións xerais de complexidade técnica.

Formación: título de diplomatura universitaria, arquitectura técnica, enxeñería técnica ou equivalente.

Grupo III: inclúense neste grupo aqueles traballadores que no desempeño do seu traballo teñan que realizar tarefas que esixen o dominio con plena responsabilidade dun conxunto de técnicas relacionadas coas funcións que se vaian desenvolver e, que pola súa complexidade, requiran unha capacitación profesional demostrada.

Formación: título de bacharelato superior, FP II, FP grao superior, FP grao medio.

Grupo IV(1): inclúense neste grupo aqueles traballadores que no desempeño do seu traballo teñan que realizar tarefas que esixen o dominio do oficio respectivo e tamén aquelas referidas á execución de operacións auxiliares, realizadas baixo instruccións precisas, que requiren coñecementos profesionais ou aptitudes prácticas adecuadas; a súa responsabilidade técnica estará limitada pola supervisión directa ou sistemática.

Formación: título de graduado escolar; FP I ou equivalente, certificado de profesionalidade.

Grupo IV(2): inclúense neste grupo aqueles traballadores que no desempeño do seu traballo leven a cabo tarefas que impliquen colaborar nos traballos xerais propios dun oficio, ou o desenvolvemento de labores carentes de responsabilidade técnica.

Inclúense tamén tarefas executadas baixo instruccións concretas, claramente establecidas, cun alto grao de dependencia que requiran preferentemente esforzo físico ou atención e non precisen cualificación específica, agás a ocasional dun período de formación; así como aquelas que consisten en operacións desenvolvidas seguindo un método de traballo preciso, con alto grao de supervisión que esixen coñecementos profesionais de carácter elemental e un período breve de adaptación.

Formación: certificado de escolaridade, programas de garantía social.

Artigo 13º.-Modificacións da categoría profesional.

1. As modificacións contractuais do grupo ou da categoría profesional en que o traballador estea incluído poden producirse por ascenso unicamente mediante promoción, ou por motivos de saúde nos casos establecidos no artigo 14º.

2. A realización de tarefas de categoría superior non implicará o ascenso de categoría que soamente poderá obterse mediante a participación en procesos selectivos.

Artigo 14º.-Capacidade diminuída.

O persoal que teña recoñecida legalmente a diminución da súa capacidade e fora declarado en situación de invalidez permanente total para a profesión habitual por resolución da delegación provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social ou sentencia do Xulgado do Social, será destinado a un traballo axustado ás súas condicións, sen reducción salarial nin profesional.

TÍTULO V

Organización e planificación do traballo

Artigo 15º.-Competencias sobre organización do traballo.

A organización do traballo, conforme a lexislación vixente, é facultade exclusiva da universidade; a súa aplicación práctica correspóndelle ó rector ou ós titulares da delegación expresa deste das súas competencias en materia de xefatura de persoal de administración e servicios, segundo o establecido nos estatutos da universidade, todo iso sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidos ós traballadores no Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Obxectivos e criterios inspiradores da organización do traballo.

1. O obxectivo da organización do traballo na universidade é acadar un nivel adecuado de eficacia dos servicios que presta á sociedade e á comunidade universitaria, baseado na óptima utilización dos recursos humanos e materiais adscritos a eles.

2. Serán criterios inspiradores da organización do traballo:

a) A planificación e ordenación dos recursos humanos.

b) A adecuación e suficiencia dos cadros de persoal para cubri-las necesidades do servicio.

c) A adecuada e eficaz adscrición profesional dos traballadores.

d) A profesionalización e promoción dos traballadores.

e) A identificación e valoración dos postos de traballo.

f) A racionalización, simplificación e mellora dos procesos e métodos de traballo.

g) O fomento da responsabilidade e iniciativa no posto de traballo e da participación dos traballadores.

h) A adopción das necesarias medidas en saúde laboral que permitan un traballo coas debidas garantías de seguridade e hixiene.

i) A concertación social.

Artigo 17º.-Reorganización e reestructuracións administrativas.

O continuo proceso de adaptación ás necesidades e demandas sociais e a busca de maior eficacia na súa actuación esixen, en determinadas ocasións, introducir novas fórmulas organizativas e de xestión, implicando procesos de reorganización das estructuras administrativas e afectando as condicións de emprego do persoal, instrumentándose estas modificacións a través dos procedementos sinalados na normativa vixente, logo de negociación co comité de empresa.

Artigo 18º.-Cambio de quenda obrigatoria por necesidades do servicio.

1. Cambio de quenda permanente. Por necesidades do servicio poderase proceder ó cambio de quenda dos traballadores conforme co procedemento establecido no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

2. Cambio de quenda ocasional. Cando por necesidades do servicio sexa necesario proceder ó cambio temporal de quenda, ofertaráselles a tódolos traballadores destinados nese centro. De non aceptar ningún deles o cambio, corresponderalle ó de menor antigüidade no centro de traballo, sen que a súa duración poida exceder de 1 mes, na seguinte vez ó segundo menos antigo, e así sucesivamente.

Artigo 19º.-Relacións de postos de traballo (RPT).

Cada 2 anos aprobarase a RPT segundo o procedemento previsto na norma universitaria correspondente.

TÍTULO VI

Provisión de vacantes, selección e contratación

I. Provisión

Artigo 20º.-Formas de provisión.

Son formas de provisión:

1. Concurso.

2. Libre designación.

3. Permuta.

4. Redistribución de efectivos.

5. Readscrición de postos de traballo.

Artigo 21º.-Tipos de concurso.

1. Concurso permanente de traslados. Utilizarase para prove-los postos bases de cada grupo profesional. As vacantes ofertaranse a medida que se vaian producindo e a elas poderán concorrer todos aqueles que pertenzan á categoría profesional para a que está definido o posto.

Para poder concursar deberá pertencerse á mesma categoría e especialidade e deberán transcorrer dous anos desde a obtención do último destino definitivo, agás nos supostos de remoción, cesamento ou supresión do posto de traballo, modificación substancial das condicións de traballo ou incorporación a unha nova categoría por capacitación. Valorarase a antigüidade na capacitación e no caso de empate, o número de orde obtido no curso selectivo.

2. Concurso específico. Utilizarase para prover aqueles postos singularizados dos grupos III e IV, co obxecto de garanti-la adecuación do aspirante ó posto que pretende ocupar. Constará de 2 partes: a xeral (antigüidade) e a específica que permita avalia-la adecuación do candidato ó perfil do posto.

O persoal laboral que acceda a un posto singularizado por concurso poderá ser removido del, por causas obxectivas, cando non desenvolva axeitadamente as funcións que ten asignadas, oído o comité de empresa, mediante resolución motivada e logo do trámite de audiencia e alegacións do interesado.

Artigo 22º.-Libre designación.

Proveranse con este sistema os postos singularizados correspondentes ós grupos I e II. A designación realizarase logo de convocatoria pública, entre os traballadores que posúan os requisitos esixidos na convocatoria e que acrediten reuni-las aptitudes necesarias para o desempeño do posto. O persoal nomeado poderá ser cesado con carácter discrecional mediante resolución motivada, referida á competencia para adoptala.

Artigo 23º.-Requisitos.

Poderán participar nos concursos o persoal laboral fixo da USC, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme e os sancionados con cambio de localidade, que leven máis de dous anos desde a obtención do último destino definitivo. Tamén poderá participa-lo persoal fixo doutras universidades ou doutras administracións coas que exista convenio de reciprocidade, que se atope provisionalmente destinado na USC.

Artigo 24º.-Obriga de concursar.

Os traballadores que fosen cesados ou removidos do posto de traballo do que eran titulares, ou aqueloutros ós que por razóns organizativas se lles suprimise o posto, terán a obriga de participar nos concursos cando se oferten postos da/s súa/s categoría/s. Temporalmente serán obxecto dunha adscrición provisional a un posto do mesmo grupo profesional ó que pertenzan e excepcionalmente poderán ser

obxecto dunha atribución ou encomenda temporal de funcións.

Artigo 25º.-Renuncia ó posto.

Os traballadores que ocupen postos singularizados poderán renunciar ó posto do que sexan titulares. A aceptación desta renuncia quedará condicionada á existencia dun posto vacante para a categoría do traballador.

Artigo 26º.-Reciprocidade con outras administracións.

A USC promoverá a sinatura de convenios con outras universidades ou con outras administracións que permitan o recíproco traslado dos seus traballadores. A efectividade do traslado supeditarase a que a comisión paritaria comprobe a equivalencia de categorías ou funcións entre o posto de orixe e o que correspondería adxudicarlle.

II. Outras formas de provisión definitiva

Artigo 27º.-Permuta.

Poderán realizarse permutas entre traballadores fixos en activo, sempre que concorran as seguintes circunstancias:

* Que non se trate de postos singularizados.

* Que os postos de traballo sexan da mesma categoría ou equivalente.

* Que lles corresponda idéntica forma de provisión.

Ós interesados non se lles poderá autorizar outra no prazo de dez anos, a partir da concesión. Tampouco se autorizará cando a algún dos solicitantes lle falte menos de dez anos para a idade de xubilación forzosa. A concesión realizarase por resolución do rector, logo de informe favorable das unidades afectadas e do comité de empresa.

Artigo 28º.-Redistribución de efectivos.

Os traballadores que ocupen con carácter definitivo postos non singularizados poderán ser adscritos por necesidades do servicio, mediante resolución do rector, a outros da mesma ou similar categoría sempre que para a súa provisión estea previsto o mesmo procedemento e non supoña cambio de municipio. O posto de traballo ó que se acceda a través da redistribución de efectivos terá carácter definitivo, iniciándose o cómputo dos dous anos ó que se refire o artigo 23º, desde a data en que se accedeu ó posto que desempeñaba no momento da redistribución.

Artigo 29º.-Readscrición de postos de traballo.

O rector poderá dispo-la readscrición de postos de traballo non singularizados e dos traballadores titulares deles a outras unidades ou centros. Se a readscrición supuxese cambio de municipio, soamente se poderá levar a cabo coa conformidade do titular do posto. A mobilidade non suporá a interrupción do cómputo de dous anos.

III. Provisión temporal con persoal fixo

Artigo 30º.-Encomenda de funcións.

En casos excepcionais, só o rector lle poderá atribuír a un traballador o desempeño temporal de funcións que non estean asignadas especificamente a

postos incluídos nas relacións de postos de traballo. Esta encomenda pode incluír tamén a realización de tarefas que, por mor do seu maior volume temporal ou outras razóns conxunturais, non poidan ser atendidas con suficiencia polos traballadores que as desempeñan con carácter permanente. Neste suposto, continuarán percibindo as retribucións correspondentes ó seu posto de traballo, sen prexuízo da percepción das indemnizacións por razón do servicio ás que, se é o caso, teñan dereito.

Estas funcións serán asumidas voluntariamente polo traballador, terán carácter temporal e non serán reiteradas no tempo.

As funcións previstas neste artigo poderán ser desempeñadas simultaneamente coas ordinarias do posto de traballo e, neste caso, percibirase o complemento establecido no artigo 53º.

Artigo 31º.-Atribución temporal de funcións.

1. Por razóns técnicas ou organizativas que o xustifiquen só o rector poderá autoriza-la realización de funcións de categoría ou posto superior. O traballador terá dereito ás retribucións que correspondan a ese posto. Resultará nulo de pleno dereito o acto adoptado nesta materia por calquera outra autoridade universitaria e é obriga do traballador poñelo en coñecemento da xerencia e demora-lo cumprimento da orde ata que sexa validada polo órgano competente.

Se se autoriza a realización de funcións de categoría superior para a cobertura dun posto de traballo, a duración do período de desempeño poderá comprender ata un ano prorrogable por seis meses máis.

En ningún caso o desempeño de funcións de categoría superior suporá a adquisición da categoría, que unicamente poderá obterse a través dos sistemas establecidos para a promoción interna no artigo 35º. Terán preferencia para a atribución temporal de funcións aqueles traballadores que obtiveran a capacitación e non ocupen definitivamente un posto nesa categoría.

2. Cando por necesidades perentorias e imprevisibles fose preciso destinar un traballador a tarefas correspondentes a unha categoría ou posto inferior ó que exerce, os xefes das unidades deberanllo propoñer á xerencia a través dun informe motivado, á vista do cal a xerencia resolverá, non podendo supera-lo prazo dun mes por ano natural e comunicarallo ó comité de empresa. Ós traballadores, durante este período, manteránselle-las retribucións e os demais dereitos da súa categoría profesional.

IV. Selección

Artigo 32º.-Ingreso.

As vacantes non cubertas polos procedementos de provisión descritos serán ofertadas mediante convocatoria pública e a súa cobertura realizarase polas quendas de promoción interna e acceso libre de acordo co seguinte réxime:

1. Os sistemas de selección serán a oposición, concurso ou concurso-oposición.

2. A selección de promoción interna e libre realizarase separadamente e terá lugar en primeiro lugar a de promoción interna, agás que por conveniencia

da planificación xeral dos recursos humanos, a xerencia determine a convocatoria conxunta, logo de acordo co comité de empresa. Os seleccionados por promoción interna terán preferencia sobre os da quenda libre para a elección de destinos.

3. Garantirase a promoción interna do persoal fixo mediante quendas de promoción nas que deberá reservase o 50% das vacantes para tódolos grupos.

4. A USC reservará o 4% da súa oferta de emprego anual para persoas con minusvalidez e establecerá nas probas selectivas a adaptación de tempo e medios necesarios, para garanti-la igualdade de oportunidades daquelas persoas minusválidas que o soliciten e acrediten.

5. Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada, mediante certificación, a aptitude médica para o desempeño das funcións da categoría á que se accede.

Artigo 33º.-Órganos de selección.

1. O órgano de selección será o tribunal de selección, que estará composto por:

* Rector ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

* Dous membros que serán nomeados polo comité de empresa, un deles deberá posuí-la mesma ou superior titulación á requirida para o acceso.

* Dous representantes da universidade, que deberán posuí-la mesma ou superior titulación á requirida para o acceso. Cando se trate de procesos de selección de persoal fixo un dos representantes pertencerá ó Servicio de Planificación e Programación de PAS.

* Un secretario con voz pero sen voto.

Tódolos membros do tribunal deberán ser persoal laboral fixo ou funcionario de carreira.

2. O rector, por proposta do tribunal, poderá dispo-la incorporación de asesores especialistas, que colaborarán exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas. O nomeamento dos asesores farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, igual que ós restantes membros do tribunal.

3. Os tribunais, para os efectos de percibi-las correspondentes indemnizacións por asistencia, clasificaranse segundo o grupo ó que pertenzan as prazas da categoría obxecto de selección, de acordo co establecido na correspondente norma legal en vigor para o persoal funcionario.

Artigo 34º.-Convocatorias.

As convocatorias de probas selectivas serán acordadas entre a xerencia e o comité de empresa. Os temarios serán elaborados por unha comisión técnica composta polos servicios correspondentes da universidade e dous representantes designados polo comité de empresa con igual ou superior cualificación á das prazas que se vaian convocar.

Artigo 35º.-Promoción interna.

1. O persoal laboral fixo acollido a este convenio terá dereito á promoción interna, de acordo co establecido na convocatoria e no presente artigo. Para isto deberá pertencer a unha categoría distinta á das prazas obxecto de provisión e ter unha anti

güidade efectiva de polo menos seis meses desde a adquisición da categoría de procedencia.

2. Tamén deberán dispor da titulación que os habilite para o desenvolvemento profesional da praza á que aspiran. Deste requisito poderán quedar exentos os aspirantes dos grupos III e IV, agás que na relación de postos de traballo figure unha titulación específica.

3. Os procesos selectivos realizaranse normalmente polo sistema de concurso-oposición, agás cando, en virtude de acordo entre a xerencia e o comité de empresa, se estableza outro sistema de selección.

4. Capacitación e novas categorías. Para o acceso ás novas categorías creadas neste convenio, a USC promoverá un sistema de capacitación que consistirá na asistencia e superación dun curso selectivo de formación. A superación do curso significará unicamente que se dispón da habilitación para desenvolve-las funcións desa nova categoría, que exercerá e retribuirá no momento en que se acade un posto definido para ela.

5. Listas de espera. A xerencia negociará co comité de empresa os criterios para a súa elaboración.

Artigo 36º.-Período de proba.

O período de proba non poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados e de dous meses para os demais traballadores.

Artigo 37º.-Probas selectivas de acceso libre.

As probas selectivas de acceso libre realizaranse, normalmente, polo sistema de concurso-oposición, agás cando, en virtude de acordo entre xerencia e o comité de empresa, se estableza outro sistema de selección.

Os procedementos de selección serán adecuados ós postos de traballo que se vaian desempeñar.

V. Da contratación temporal

Artigo 38º.-O contrato temporal.

1. O contrato de traballo presúmese concertado por tempo indefinido. Non obstante poderán celebrarse contratos de traballo de carácter temporal ou duración determinada de acordo coa lexislación vixente e dentro do marco das dispoñibilidades orzamentarias. Os contratos formalizaranse por escrito e daráselle comunicación ó comité de empresa.

2. Para a selección de traballadores contratados temporalmente, as convocatorias de prazas por quenda libre establecerán, de existiren candidatos válidos, listas de espera dos aspirantes seguindo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. A xerencia e o comité de empresa negociarán os criterios para a xestión das listas de espera.

3. No suposto de que non existan listas de espera e fose necesaria a contratación de persoal laboral non permanente, solicitarase do Servicio Galego de Colocación un mínimo de tres traballadores desempregados, que poderán ser sometidos a unha entrevista, unha proba de aptitude consonte as funcións requiridas, etc. Nembargantes, para postos correspondentes ós grupos I, II e III e se a especificidade do posto o requirise, poderá publicarse a convocatoria a través de anuncio en prensa. No órgano

de selección estarán presentes representantes da USC e do comité de empresa.

TÍTULO VII

Xornada e réxime de traballo

Artigo 39º.-Calendario laboral.

1. O calendario laboral é o instrumento técnico a través do cal se realiza a distribución da xornada e a fixación de horarios do persoal de administración e servicios da universidade e aplícase a tódalas unidades da universidade.

2. Terase en conta o disposto no calendario escolar na realización do calendario laboral, co obxecto de adecuarse a el.

Artigo 40º.-Xornada de traballo.

1. A xornada de traballo será de 1.580 horas anuais. A xornada ordinaria efectuarase, en termos xerais, de luns a venres, de forma continuada, en quendas de mañá ou tarde.

-Outras modalidades de xornada serán:

a) Xornada diaria partida, de luns a venres, ata completar un total de 35 horas semanais.

b) Xornada de 35 horas semanais de media en cómputo mensual, non axustada á quenda. A necesidade desta xornada virá determinada pola natureza da actividade que se desenvolve de tal xeito que a suxeición á xornada ordinaria imposibilite a prestación do servicio.

c) Xornada por quendas, para a prestación do servicio en quendas rotatorias durante as 24 horas de luns a domingo.

Para o establecemento das xornadas dos apartados a), b) e c) será necesario o acordo co comité de empresa.

O total de horas anuais realizarase cun horario de 35 horas á semana, agás nos meses de xullo e agosto, que será de 25 horas de traballo efectivo, sempre que as necesidades do servicio o permitan. Se non fose posible a reducción de xornada nos meses citados, a xerencia establecerá outro período. O resto ata completa-lo total, que é de 88 horas, quedará como horario dispoñible para a súa realización en momentos en que a acumulación de traballo o faga necesario.

Os xefes das unidades deberanlles comunicar ós traballadores esta necesidade cunha antelación mínima de 24 horas, sempre que fose posible ou resultase previsible. Con carácter xeral a realización destas horas farase con continuidade á quenda de traballo ordinario, agás que co consentimento do traballador se acorde outro horario. A realización das ditas horas deberá ser autorizada pola xerencia. Por cada 18 horas traballadas das 88 anteriormente indicadas, o traballador terá dereito ó lecer delas e poderá elixir entre o desfrute dun día libre adicional ou acumulalo ó período de vacacións. Ámbolos dous supostos estarán condicionados ás necesidades do servicio. As causas da súa realización e as horas consumidas seranlle comunicadas á xerencia.

Non se lle poderán recoñecer horas extraordinarias ó persoal se non se consumiu a totalidade das 88 horas sinaladas anteriormente, ou cando existan tra

balladores de igual categoría no centro de traballo que aínda non as consumiran.

Os traballadores terán a obriga de realizar 15 sábados ó ano como máximo, a prestación de cada sábado dará dereito ó traballador a ter un día libre na semana inmediatamente seguinte, ou acumulalo ó período ordinario de vacacións anuais. Ámbolos dous supostos estarán condicionados ás necesidades do servicio.

-Exceptúanse do réxime ordinario de xornada os seguintes casos:

a) Xornada nocturna, de 22 a 8 horas de luns a domingo, para a categoría de vixilantes, segundo o plan vixente. O exceso de xornada compénsase con 45 días adicionais de vacacións.

b) Conductores. A súa xornada incluirá as horas de traballo efectivo, o tempo de presencia, tempo de espera, expectativa de servicio, avarías, comidas en ruta ou outras circunstancias similares, realizadas de luns a sábado pola mañá.

c) Xornada especial realizada en sábados, domingos e festivos. O horario destes postos será fixado pola xerencia de acordo co comité de empresa. As horas traballadas durante sábados pola tarde, domingos e festivos considéranse dobres para os efectos de retribución. A reducción de xornada prevista para o período de verán non será de aplicación ós traballadores que desenvolvan o seu traballo con este réxime de xornada.

d) Os postos da escola infantil, nos que se recoñece o dereito á comida, terán un réxime de xornada continuada que non coincide cos horarios ordinarios de inicio e fin das quendas e a obriga de permanecer durante toda a quenda no centro de traballo. Neste senso, o persoal técnico da Escola Infantil Universitaria de Santiago de Compostela terá un horario de 10 da mañá a 6 da tarde, así como a obriga de asistencia fóra dese horario ás sesións de coordinación pedagóxica que se determinen. Compensaráselle o exceso de xornada cun mes máis de vacacións anuais. Igual réxime seralle de aplicación, coas adaptacións necesarias, á cociñeira. Neste caso a compensación en vacacións será de 21 días naturais, por non ter que asistir ás sesións de coordinación pedagóxica.

Artigo 41º.-Xornada reducida.

1. É aquela na cal a duración se acurta, por causa establecida, nunha parte de tempo. Establécese nos supostos que se indican a continuación e naqueloutros que legalmente poidan fixarse.

2. Supostos de xornada reducida:

a) Por razóns de garda legal. Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo un menor de seis anos ou un diminuído psíquico, físico ou sensorial, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa reducción proporcional das súas retribucións, entre polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela. A concesión da reducción de xornada por este motivo será incompatible co desenvolvemento de calquera outra actividade remunerada durante o horario que foi obxecto da reducción.

b) Por coidado de familiares. Terá o mesmo dereito e coas mesmas condicións recollidas no punto anterior, quen precise encargarse do cónxuxe ou persoa coa que demostre convivir, dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, ou dalguén que estea ó coidado do traballador cando se acredite debidamente a convivencia e que por razóns de idade, incapacidade, enfermidade grave ou drogodependencia en proceso de rehabilitación, necesite da súa atención.

Se dous ou máis traballadores da universidade xeran este dereito polo mesmo suxeito causante, a xerencia poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento.

c) Por cesamento progresivo de actividade. Os traballadores ós que lles falten menos de cinco anos para cumpri-la idade de xubilación forzosa poderán obter, logo de solicitude, a reducción da súa xornada de traballo ata un medio, cunha reducción proporcional das súas retribucións, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

d) Por recuperación de enfermidade. Os traballadores que en procesos de recuperación por razón de enfermidade precisen unha reducción de xornada, poderán solicitala ata nun medio e seralles concedida sempre que as necesidades do servicio o permitan e logo de informe do Servicio de Vixilancia da Saúde, cunha reducción proporcional das súas retribucións.

e) Por interese particular. Os traballadores poderán solicitar por interese particular o recoñecemento dunha xornada reducida sempre que as necesidades do servicio o permitan e resulte compatible coa natureza do posto que se desempeña. A xornada resultante será de 5 horas ininterrompidas respectando a quenda, e dará dereito á percepción do 75% do total das retribucións.

O traballador deberá avisa-la universidade con vinte días de antelación como mínimo á data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 42º.-Dispoñibilidade horaria.

A dispoñibilidade horaria supón a realización dunha xornada de traballo continuada de 35 horas semanais, sen prexuízo do aumento de horario que ocasionalmente sexa preciso por necesidades do servicio en razón da natureza especial deste réxime, e poderá desenvolverse polas tardes. A retribución deste tipo de prestación de servicios atópase incluída como un dos factores que determinan a valoración do posto de traballo.

Os postos para os que se recoñece dispoñibilidade son:

GrupoTipo postoComplementos

ISingularizado1, 2, 3

IBase1

IISingularizado1, 2

IIISingularizado1, 2

Artigo 43º.-Horas extraordinarias.

1. Horas extraordinarias. Tenderase a reducir ó mínimo imprescindible as horas extraordinarias que se deban a imprevistos e teñan carácter excepcional. Como norma xeral a realización de horas extraordi

narias terá sempre un carácter voluntario. O seu límite será de 80 horas en cómputo anual. As horas extraordinarias compensaranse por tempos equivalentes de descanso retribuído e excepcionalmente aboaranse nas contías establecidas como valor da hora ordinaria. Para o cálculo da hora ordinaria non se terán en conta os complementos de xornada, de permanencia e de nocturnidade.

2. Horas extraordinarias urxentes. Non se terán en conta, para os efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, as traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes. A súa realización ten carácter obrigatorio. Cando non existan traballadores que desexen desenvolvelas voluntariamente, a xerencia poderá sinalar quén terá que executalas e comunicarallo ó comité de empresa.

As horas extraordinarias soamente poderán realizarse cando foran autorizadas previamente e por escrito pola xerencia, agás cando sexan urxentes.

TÍTULO VIII

Réxime de incompatibilidades

Artigo 44º.-Réxime de incompatibilidades.

Ós traballadores aplicaráselle a Lei 53/1984, do 26 de decembro, e o seu desenvolvemento regulamentario en materia de incompatibilidades.

A teor do artigo 16.1º da referida lei, non poderán desempeñar un segundo posto de traballo no sector público nin exercer actividades privadas:

a) Os que ocupen postos para os que estea recoñecida a dispoñibilidade horaria conforme o establecido no artigo 42º.

b) Os que teñan recoñecido o complemento de permanencia.

No resto dos postos, para realizar unha segunda actividade, xa sexa pública ou privada, deberá solicitarse a compatibilidade, con carácter previo ó seu desenvolvemento.

Os contratos de traballo, que se formalizarán por escrito, incluirán unha cláusula de que o contrato é asinado polo traballador con coñecemento das obrigas que se derivan da normativa de incompatibilidades e de que o seu incumprimento pode supoñe-la rescisión do contrato, sen prexuízo da responsabilidade disciplinaria que se puidese deducir no outro posto de traballo que viñera desempeñando. En calquera caso, a universidade subministrará información ó traballador, antes do asinamento do contrato, das normas sobre incompatibilidades que o afecten.

TÍTULO IX

Réxime retributivo

Artigo 45º.-Estructura do salario.

O réxime salarial pactado no presente convenio queda estructurado do seguinte xeito:

1. Retribucións básicas:

* Salario base que retribúe a pertenza a un grupo profesional.

* Pagas extraordinarias.

* Trienios.

2. Retribucións complementarias:

* Complemento de categoría que retribúe a categoría necesaria para a ocupación do posto do que se é titular.

* Complemento vinculado ó posto.

-Complemento de posto singularizado que retribúe a ocupación efectiva dun posto singularizado.

-Complemento de xornada que retribúe a prestación do traballo en xornada distinta da ordinaria.

-Complemento de nocturnidade que retribúe a prestación do traballo en horas nocturnas.

-Complemento de permanencia que retribúe as condicións particulares de prestación do servicio dos conductores.

Artigo 46º.-Salario base e pagas extraordinarias.

A retribución anual por grupo profesional é a que figura no anexo II Retribucións anuais, que se fará efectiva en 15 pagamentos: 12 mensualidades e 3 pagas extraordinarias que se farán efectivas en xuño, setembro e decembro, de idéntica contía ás retribucións básicas. O seu importe será calculado proporcionalmente ó tempo de servicios efectivamente prestados nos doce meses inmediatamente anteriores ós sinalados para o seu aboamento.

Artigo 47º.-Antigüidade.

1. Persoal laboral fixo.

Percibirase cada trienio coa cantidade de 34,22 A mensuais e manterase a contía dos acumulados ata o 1 de febreiro de 1988 na cantidade xa recoñecida, incrementada anualmente segundo establezan as leis de orzamentos da Comunidade Autónoma. Este concepto aboarase tanto nas pagas ordinarias como nas tres pagas extraordinarias.

Así mesmo recoñeceranse para os efectos de antigüidade os servicios previos prestados á Administración pública, os do período de proba e aqueles correspondentes a contratacións temporais de calquera natureza laboral sempre que se adquira a condición de persoal fixo.

Este tempo só poderá ser recoñecido por unha soa vez, aínda cando durante el o traballador prestara servicios simultáneos nunha ou máis esferas desta ou distintas administracións públicas.

Os trienios consolidados en réximes diferentes ós do presente convenio, dos que se solicite o recoñecemento de servicios previos, aboaranse de acordo co disposto na Lei 70/1978, do 26 de decembro, sobre recoñecemento de servicios previos na Administración pública.

2. Persoal laboral temporal.

Logo de solicitude de recoñecemento, o persoal laboral contratado temporalmente que complete un período de 3 anos de servicios prestados na USC, terá dereito a percibi-la mesma cantidade có persoal laboral fixo

en concepto de antigüidade. Este concepto aboarase tanto nas pagas ordinarias como nas 3 pagas extraordinarias.

Os efectos económicos serán do primeiro día do mes seguinte á data de solicitude.

Artigo 48º.-Complemento de categoría.

Este complemento percibirase atendendo á categoría á que pertenza o posto que se ocupa nas contías fixadas no anexo II Retribucións anuais. Percibirase mentres se ocupe un posto base e será incompatible coa percepción do complemento de posto singularizado.

Artigo 49º.-Complemento de posto singularizado.

A ocupación efectiva dun posto que estea definido como singularizado dará lugar á percepción deste complemento, que se percibirá mentres se permaneza ocupando. O cesamento na ocupación dun posto singularizado levará aparellada a percepción do complemento de categoría do posto que se ocupe. Os postos que se establecen como singularizados e as contías dos complementos correspondentes son as que figuran no anexo II Retribucións anuais.

Artigo 50º.-Complemento de xornada.

Aqueles postos que teñan recoñecida algunha modalidade especial de xornada das definidas neste convenio percibirán as seguintes contías anuais:

ModalidadeEurosPesetas

Xornada partida2.204,96366.874

Por quendas1.202,02200.000

Xornada irregular2.204,96366.874

Artigo 51º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, salvo que o salario base se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada nun 25 por 100 sobre o salario base.

Artigo 52º.-Complemento de permanencia.

Este complemento defínese exclusivamente para a categoría profesional de conductores e retribúe o tempo de presencia e de conducción efectiva que exceda da xornada ordinaria de luns a sábado pola mañá. A súa contía é a recollida no anexo II e a súa percepción é incompatible co complemento de xornada. As horas de presencia e conducción realizadas en sábado pola tarde, domingos e festivos terán a consideración de horas extraordinarias.

Artigo 53º.-Complemento por realización de tarefas especiais ou participación en proxectos.

Mediante este complemento compénsase a encomenda temporal de funcións non asignadas a outras categorías profesionais ou postos de traballo e a cooperación en actividades vinculadas á universidade, atribuídas pola xerencia e asumidas voluntariamente polo traballador. A contía será determinada pola xerencia,

en función da natureza específica dos cometidos que se vaian realizar. En ningún caso terá carácter permanente nin reiterado no tempo e a finalización da súa asignación será libremente determinada pola autoridade que a conferiu. Tamén se retribuirá mediante este complemento a realización de servicios por parte do persoal fixo do cadro de persoal, fóra da xornada laboral, en proxectos ou contratos de investigación e en estudios propios da universidade, de todo isto darase información ó comité de empresa.

TÍTULO X

Vacacións, permisos e licencias

Artigo 54º.-Vacacións.

1. As vacacións anuais retribuídas terán unha duración dun mes ou trinta días naturais por cada ano completo ou da parte proporcional que corresponda ó tempo de servicios prestados.

2. As vacacións colleranse preferentemente entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, e poden, por solicitude do traballador, ser por quincenas ou en períodos mínimos de sete días naturais consecutivos, sempre de acordo coas necesidades do servicio.

O dereito a elixir quenda de vacacións será rotatorio, agás acordo entre os traballadores afectados.

3. Se as vacacións estivesen programadas e o traballador non as puidese coller por incapacidade transitoria iniciada antes do seu inicio, deberá solicita-la suspensión do período programado e poderá utilizalas fóra do período previsto pero sempre dentro do ano natural ó que correspondan.

Artigo 55º.-Licencias sen retribución.

1. O persoal que teña cumprido polo menos un ano de servicios efectivos poderá solicitar licencia sen soldo por un prazo non inferior a quince días nin superior a seis meses, sempre que o permitan as necesidades do servicio. A citada licencia será concedida dentro dos 15 días seguintes ó da solicitude e deberá motivarse no caso de denegación baseando esta en elementos obxectivamente demostrables. Por causas excepcionais, poderá ampliarse a duración desta licencia en tres meses máis, pero a súa duración acumulada non poderá exceder dos nove meses cada 2 anos. Esta licencia será incompatible co desenvolvemento de calquera traballo remunerado.

2. No caso de pasamento do cónxuxe, parella de feito, ou fillos o traballador poderá solicitar adicionalmente un permiso non retribuído dunha duración non superior a un mes, con independencia doutros supostos de licencias sen soldo.

Artigo 56º.-Permisos retribuídos.

Os traballadores, logo de xustificación, se é o caso, terán dereito ós seguintes permisos retribuídos:

a) 15 días naturais por matrimonio, distribuídos por petición do interesado, inmediatamente antes ou posteriores en todo ou en parte a aquel no que se celebre o matrimonio.

b) Cinco días hábiles en caso de nacemento dun fillo, acollida ou adopción.

c) Cinco días hábiles por morte ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

d) Un día en caso de morte dun familiar entre o segundo e o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Para asistir a exames e demais probas de aptitude e avaliación en centros oficialmente recoñecidos de ensino, así como para asistir a exames de probas selectivas de ingreso nas distintas administracións públicas, durante os días da súa celebración ou aqueles que sexan necesarios para o desprazamento, coa conseguinte xustificación.

f) Para o cumprimento de deberes públicos de carácter persoal polo tempo indispensable para o seu cumprimento e por causa xustificada, non poderán supera-la quinta parte da xornada computada trimestralmente. Se a causa que orixina o permiso implica a percepción de retribución ou indemnización, descontarase do salario do traballador o importe dos días que estea ausente.

g) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo de solicitude á xerencia e a xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, ou por adopción ou acollemento dun menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións, ou substituíla por unha reducción da xornada normal nunha hora. Este permiso poderá ser collido indistintamente polo pai ou pola nai, no caso de que ámbolos dous traballen e demostren que non é utilizado polos dous ó mesmo tempo. No caso de parto múltiple a reducción ampliarase de forma proporcional. De producirse o pasamento da nai, o pai manterá este dereito.

i) 9 días para o persoal destinado en centros universitarios que celebren a festividade do seu patrón e 10 para o persoal de servicios centrais que non celebren a festividade do seu patrón, por cada ano natural de traballo efectivo, por asuntos particulares non incluídos nas alíneas anteriores. Salvo autorización expresa da xerencia os días de asuntos particulares non poderán acumularse ás vacacións anuais retribuídas. O persoal poderá distribuí-los días á súa conveniencia, logo de autorización dos decanos, directores de centros e xefes das distintas unidades administrativas nos que está delegado de acordo co disposto na resolución rectoral de delegación de competencias. Os traballadores que se incorporen ó longo do ano natural gozarán destes días na proporción que lles corresponda de acordo co período efectivamente traballado. Os traballadores de xornada especial terán dereito a cinco días de asuntos propios, que deberán solicitarse cunha antelación de 15 días para permitir á

xerencia o mantemento do servicio. A substitución

destes traballadores poderá realizarse acudindo a axencias de colocación ou asimiladas.

j) Os días 24 e 31 de decembro, que, no caso de ser preciso mante-lo servicio, serán substituídos cada un deses días por outros dous, determinados por acordo entre o responsable do servicio e o traballador.

k) Un día por traslado de domicilio na mesma localidade e dous se supón cambio de localidade.

l) Por separación: catro días naturais, desde a adopción das medidas provisionais.

TÍTULO XI

Suspensión do contrato de traballo

Artigo 57º.-Suspensión con reserva de posto de traballo.

Sen prexuízo do establecido nos artigos 45 e 48 do Estatuto dos traballadores, o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio terá dereito á suspensión do seu contrato, con reserva do seu posto de traballo, nos seguintes casos:

1. Invalidez permanente do traballador, que vaia ser previsiblemente obxecto de revisión por melloría que permita a reincorporación ó posto de traballo de conformidade co previsto no artigo 48.2º do ET.

2. Maternidade da muller traballadora, adopción ou acollemento de menores ata 6 anos, nos termos previstos na lexislación vixente.

3. Exercicio de cargo público representativo ou de funcións sindicais, de ámbito provincial ou superior, con reincorporación ó posto de traballo no prazo máximo de 30 días naturais a partir do cesamento.

4. Privación de liberdade do traballador, mentres non exista sentencia condenatoria firme, incluídas tanto a detención preventiva como a provisional.

5. Suspensión provisional de emprego durante a tramitación do expediente disciplinario e suspensión disciplinaria por sanción.

6. Prestación de servicios de carácter temporal en organismos internacionais, en programas de cooperación internacional ou cando pasen a desempeñar un posto de traballo nunha organización non gobernamental. O traballador deberá reincorporarse ó traballo no prazo máximo dun mes, a partir da terminación do servicio e pasará, no caso de que non solicite o reingreso nese prazo, á situación de excedencia por interese particular.

7. No suposto de risco durante o embarazo nos termos previstos no artigo 26 puntos 2º e 3º da Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 58º.-Excedencia voluntaria.

1. Por interese particular. Poderá ser solicitada polos traballadores que teñan un ano efectivo de antigüidade ó servicio da universidade. A duración desta situación non poderá ser inferior a un ano. Este dereito só poderá volver a exercelo o traballador logo de transcorrer dous anos desde o final da excedencia anterior.

2. Por prestación de servicios no sector público. Procederá declarar en situación de excedencia voluntaria os traballadores que se atopen en situación de servicio activo na USC noutra categoría, corpo ou escala, ou os que pasen a prestar servicios en organismos ou entidades do sector público e non lles corresponda quedar noutra situación. O traballador permanecerá nesa situación mentres persistan as razóns que xeraron a incompatibilidade e deberá solicita-lo reingreso no mes seguinte ó seu remate e pasará, no caso de non facelo, á situación de excedencia voluntaria por interese particular.

3. Ós traballadores en situación de excedencia voluntaria non lles será computable o tempo que permanezan nela para os efectos de antigüidade nin de promoción. En ningún caso percibirán retribucións, nin se producirá reserva de posto de traballo.

Artigo 59º.-Excedencia para o coidado de fillos, ou de familiares.

1. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, por adopción ou por acollemento. Este período contarase desde a data do nacemento, ou de se-lo caso da resolución xudicial ou administrativa.

2. Os traballadores terán dereito a pasar á situación de excedencia para atende-lo coidado persoal do seu cónxuxe, persoa coa que convivan maritalmente, ascendentes ou descendentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por mor de incapacidade ou enfermidade grave non poidan valerse por si mesmos.

A excedencia recolliida nos puntos anteriores constitúe un dereito individual dos traballadores. Non obstante, se os dous traballasen na USC e xerasen o dereito polo mesmo suxeito causante, a universidade poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento.

Esta excedencia terá unha duración non superior a tres anos, e para o previsto na letra a) cando un novo suxeito causante dera dereito a unha nova excedencia, o inicio desta poría fin á que se estaba desfrutando.

O período no que o traballador permaneza nesa situación será computable para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o citado prazo a reserva quedará referida a un posto de traballo da súa categoría ou grupo profesional.

Artigo 60º.-Excedencia forzosa.

Concederase pola designación ou elección para un cargo público ou función sindical electiva de acordo cos estatutos do sindicato de ámbito provincial ou superior, que imposibilite a asistencia ó traballo e sempre que se perciban retribucións por el. Dará dereito á reserva do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia. O reingreso debe ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo ou función sindical.

Artigo 61º.-Reingreso ó servicio activo.

Os traballadores que non teñan dereito á reserva do posto de traballo e que soliciten o reingreso, ocuparán a primeira vacante que se produza na súa categoría. Se non existira vacante na súa categoría e existise nunha inferior á que se exercía, poderán optar a ela ou agardar a que se produza aquela, sempre que o reingreso se produza antes de transcorridos tres anos desde a resolución da excedencia.

TÍTULO XII

Réxime disciplinario

Artigo 62º.-Faltas.

Os traballadores poden ser sancionados polo rector, en virtude de incumprimentos laborais segundo a graduación de faltas e sancións que se establecen neste artigo.

As faltas disciplinarias dos traballadores, cometidas con ocasión ou como consecuencia do seu traballo, poden ser leves, graves ou moi graves.

a) Son faltas leves as seguintes:

1. A incorrección co público, superiores, compañeiros ou subordinados.

2. O incumprimento dos deberes e obrigas do traballador, sempre que no sexan cualificados como falta grave ou moi grave.

3. Non comunicar coa antelación debida a falta de asistencia por causa xustificada, se non se proba a imposibilidade de facelo.

4. A falta de asistencia ó traballo sen causa xustificada un día nun mes.

5. A falta de coidado na conservación dos locais, materiais e documentos dos servicios.

6. O descoido ou neglixencia no exercicio das súas funcións.

b) Son faltas graves as seguintes:

1. A grave desconsideración cos superiores, compañeiros subordinados ou cos cidadáns.

2. O incumprimento das ordes e instruccións dos superiores.

3. O incumprimento das obrigas do posto de traballo ou as neglixencias das que se deriven ou poidan derivarse prexuízos graves para o servicio ou para a universidade.

4. O abuso de autoridade cos subordinados.

5. A falta de asistencia ó traballo ou o abandono do posto de traballo sen causa xustificada durante tres días nun mes.

6. As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada durante tres días nun mes.

7. O incumprimento ou abandono das normas e medidas sobre prevención de riscos laborais establecidas.

8. A simulación de enfermidade ou accidente.

9. Intervir en procedementos cando se dean algunhas das causas legais de abstención ou recusación.

10. A simulación ou encubrimento de faltas doutros traballadores.

11. Non garda-lo debido sixilo respecto ós asuntos que se coñezan por razón do posto de traballo cando causen prexuízo á universidade ou se utilicen en proveito propio, sempre e cando non sexan cualificados como a falta moi grave de deslealdade.

12. A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal ou pactado.

13. A neglixencia que poida causar graves danos na conservación dos locais, materiais ou documentos dos servicios.

14. O desempeño de actividades profesionais públicas ou privadas, sen solicitar autorización de compatibilidades, sendo compatibles.

15. A utilización ou difusión indebida de datos ou asuntos de que se teña coñecemento por razón do traballo.

16. A reincidencia na comisión de tres ou máis faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun mesmo semestre cando houbera sanción por aquelas.

17. O encubrimento ou tolerancia dos xefes ou superiores respecto da comisión de faltas graves ou moi graves dos seus subordinados.

c) Son faltas moi graves:

1. A publicación ou utilización indebida de segredos oficiais así declarados por lei ou clasificados como tales.

2. Toda actuación que comporte discriminación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar de nacemento ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

3. Os actos que impliquen faltas de respecto á intimidade ou á consideración debida á dignidade humana ou laboral dos traballadores.

4. A obstaculizacion do exercicio dos dereitos e liberdades constitucionais e dereitos sindicais.

5. A realización de actos encamiñados a coarta-lo libre exercicio do dereito de folga.

6. O incumprimento da obriga de atende-los servicios esenciais e mínimos en caso de folga.

7. O acoso sexual, sobre todo cando vai acompañado de abuso de autoridade por ser efectuado por un superior a unha persoa subordinada laboralmente.

8. O abandono do servicio.

9. A adopción de acordos manifestamente ilegais que causen prexuízo grave á Administración ou ós cidadáns.

10. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas.

11. Calquera conducta constitutiva de delicto doloso relacionada co servicio ou que cause dano á universidade ou ós cidadáns.

12. O desacato manifesto.

13. O falseamento voluntario de datos e informacións do servicio.

14. A notoria falta de rendemento que comporte inhibición no cumprimento das tarefas encomendadas.

15. A falta de asistencia ó traballo non xustificada durante máis de tres días nun período de trinta días.

16. As faltas reiteradas de puntualidade non xustificadas, durante dez ou máis días nun período de trinta días, ou durante máis de vinte días nun período dun trimestre que se computará desde a primeira falta imputable.

17. O desempeño de actividades públicas ou privadas incompatibles co exercicio do posto público.

18. A reincidencia de tres ou máis faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun período dun ano.

Artigo 63º.-Sancións.

As sancións que se poidan impoñer en función da cualificación das faltas e que, en calquera caso, se comunicarán por escrito, son as seguintes:

a) Por faltas leves:

1. Amoestación por escrito.

2. Suspensión de emprego e soldo ata dous días.

b) Por faltas graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de tres días a un mes.

2. Suspensión do dereito a concorrer a probas selectivas ou concursos de ascenso por un período dun ano.

3. Traslado de localidade durante un ano.

c) Por faltas moi graves:

1. Suspensión de emprego e soldo dun a tres meses.

2. Traslado de localidade ata un máximo de 3 anos.

3. Suspensión do dereito a concorrer a probas selectivas ou concursos de ascenso por un período de dous a tres anos.

4. Despedimento disciplinario. Poderase impoñe-la sanción de despedimento disciplinario nos casos de extrema gravidade na comisión de faltas moi graves ou pola reiteración de sancións deste mesmo tipo de faltas. No caso de que a imposición destas sancións disciplinarias de despedimento sexan declaradas improcedentes por sentencia xudicial firme, o traballador optará pola readmisión ou pola indemnización correspondente á establecida por despedimento improcedente.

Non se pode impoñer sancións que consistan na reducción das vacacións ou outra minoración dos dereitos ó descanso dos traballadores, ou multa de haber.

Artigo 64º.-Tramitación.

O rector poderá acorda-la realización dunha información reservada, previamente á iniciación do expediente disciplinario. Para a imposición de sancións por faltas leves non será preceptiva a previa instrucción do expediente, agás o trámite de audiencia do interesado quen poderá ser asistido pola persoa que considere oportuna, este trámite cumprirase en todo caso.

A imposición das sancións por faltas leves require a comunicación ós representantes dos traballadores.

As sancións por faltas graves e moi graves requiren a tramitación previa de expediente disciplinario. A súa iniciación débeselles comunicar ós representantes dos traballadores e á persoa interesada, a quen se debe dar audiencia e serán escoitados aqueles.

A apertura dun expediente disciplinario por falta grave ou moi grave poderá determinar por parte do rector a adopción das medidas provisionais que estime oportunas para asegura-la eficacia da resolución.

A suspensión provisional poderá acadarse preventivamente na resolución de incoación do expediente ou durante a tramitación do expediente. O suspenso provisional terá dereito a percibir nesta situación o 75 por 100 das súas retribucións básicas.

O tempo de suspensión provisional, como consecuencia do expediente disciplinario non poderá exceder de seis meses, agás no caso de paralización do procedemento imputable ó traballador. A concorrencia desta circunstancia determinará a perda de toda a retribución ata que o expediente sexa resolto.

Cando a suspensión non sexa declarada firme, o tempo de duración dela computarase como servicio activo, e deberase acorda-la inmediata reincorporación do traballador ó seu posto de traballo, con recoñecemento de tódolos dereitos económicos e demais que procedan desde a data de efectos da suspensión.

Os traballadores sancionados con cambio de localidade non poderán obter novo destino por ningún procedemento na localidade da que foron trasladados, durante os prazos que lle foron impostos na sanción, cun máximo dun ano se se trata de falta grave ou de tres se se impuxo por falta moi grave. O prazo computarase desde o momento en que se efectuou o traslado.

Artigo 65º.-Prescrición.

As faltas leves prescriben ós dez días, as faltas graves ós vinte días, e as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que a Administración tivo coñecemento delas e en todo caso ós seis meses despois de cometerse. Estes prazos quedarán interrompidos por calquera acto propio do expediente instruído, ou información reservada, se é o caso, sempre que a duración do expediente, en conxunto, non supere o prazo de seis meses sen mediar culpa do traballador expedientado.

Artigo 66º.-Anotación e cancelación.

As sancións impostas e a súa cancelación anotaranse no expediente persoal e informarase diso ós representantes dos traballadores e á comisión paritaria.

A cancelación das sancións impostas por faltas leves, graves e moi graves anotarase no expediente persoal ó ano, tres anos ou cinco anos, respectivamente, desde a data do seu cumprimento, por petición previa da persoa interesada.

TÍTULO XIII

Prevención de riscos e seguridade no traballo

Artigo 67º.-A prevención de riscos.

A universidade e os traballadores comprométense a cumprir estrictamente as disposicións vixentes na materia, de conformidade co establecido na Lei 31/1995, de prevención dos riscos laborais, no Estatuto dos traballadores, as normas específicas que acorden os órganos de goberno da universidade e demais lexislación vixente.

Todo traballador ten dereito a participar, por medio dos seus representantes, en materia de seguridade e saúde laboral no traballo. O órgano paritario e colexiado de consulta é o comité de seguridade e saúde laboral que velará pola adopción, mantemento e perfeccionamento de medidas axeitadas en materia de prevención de riscos, seguridade e saúde laboral nos centros de traballo da universidade.

Estará composto polos delegados de prevención elixidos na proporción e segundo o procedemento establecido no artigo 35.4º da Lei 31/1995 e por igual número de representantes da universidade. Así, o comité de empresa poderá designar delegados de prevención entre os traballadores da USC en situación de servicio activo.

Sen prexuízo do establecido no artigo 39 da Lei de prevención de riscos, son funcións deste comité as seguintes:

* Promove-la observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo e a prevención dos riscos profesionais.

* Informar sobre o contido das normas de seguridade e hixiene no traballo ós traballadores.

* Realizar visitas para coñece-las condicións relativas á orde, limpeza, ambiente, instalacións, maquinaria, ferramentas e procesos laborais e constatar riscos que poidan afecta-la vida ou saúde dos traballadores e informar dos defectos e perigos que advirtan á universidade e, de se-lo caso, promove-la adopción das medidas necesarias para a corrección destas situacións e calquera outras que considere oportunas.

* Velar pola organización da loita contra incendios nos centros de traballo.

* Coñece-las investigacións realizadas polos técnicos de seguridade sobre accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

* Procurar para os traballadores da empresa unha formación adecuada en materia de seguridade.

* Cooperar na realización e desenvolvemento de cursos e campañas de seguridade.

* Propoñe-la imposición de sancións ós que incumpran as normas e instruccións en materia de seguridade.

O comité de seguridade reunirase con carácter ordinario trimestralmente, ou cando a necesidade o requira por petición dunha das partes, con carácter extraordinario. O comité adoptará as súas propias normas de funcionamento.

Os delegados de prevención terán dereito a un crédito horario de 20 horas mensuais para o exercicio do seu labor.

Artigo 68º.-Durante o período de embarazo.

As traballadoras terán dereito ó cambio de posto de traballo por embarazo se, segundo a prescrición dun facultativo da sanidade pública ou, de se-lo caso, do Servicio de Vixilancia da Saúde, se certificase que as condicións del resultan nocivas para a súa saúde, para a do feto ou impiden o normal desenvolvemento da actividade que desempeñan. Estas medidas poderán aplicarse cos mesmos requisitos durante o período de lactación.

Nestes supostos asegurarase que a traballadora non sufra ningunha mingua dos seus dereitos económicos e que poida volver incorporarse ó seu posto habitual cando remate a circunstancia que deu lugar ó cambio.

Artigo 69º.-Roupa de traballo.

En materia de roupa de traballo e vestiario, a universidade proporcionaralles anualmente ós traballadores as pezas de roupa necesarias para o desenvolvemento das súas funcións.

Anualmente realizarase unha convocatoria para a dotación da roupa de traballo necesaria nas distintas categorías. O contido da convocatoria será negociado entre o comité de empresa e a xerencia.

A subministración do vestiario implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo.

TÍTULO XIV

Fomento do emprego

Artigo 70º.-A bolsa de emprego.

Dentro da política de promoción do emprego, a xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de sesenta e cinco anos; a USC comprométese a constituír unha bolsa de emprego coas vacantes que se produzan por esta causa, incluíndo nas súas ofertas de emprego prazas de idéntica categoría profesional ou outras de distinta categoría que se creen por transformación das citadas vacantes, sempre que unha norma de carácter xeral non o prohiba.

Artigo 71º.-Completa-los períodos de carencia para xubilación.

A idade de xubilación establecida no artigo anterior considerarase, sen prexuízo de que todo traballador poida completa-los períodos de carencia para a xubilación, supostos nos cales a xubilación obrigatoria se

producirá ó completa-lo traballador os devanditos períodos de carencia na cotización á Seguridade Social.

Artigo 72º.-A xubilación a partir dos 60 anos.

O persoal fixo afectado por este convenio poderá xubilarse a partir dos sesenta anos e concederáselle unha gratificación, por unha soa vez e polo referido feito, de acordo coa seguinte escala:

IdadeMensualidades

Sesenta anos12

Sesenta e un anos10

Sesenta e dous anos8

Sesenta e tres anos6

Sesenta e catro anos4

Artigo 73º.-A xubilación ós 64 anos.

Coa conformidade previa do traballador afectado, poderá producirse a xubilación ós 64 anos, segundo o establecido no artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores e Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro, naqueles casos en que a contratación simultánea doutro traballador, esixida no citado real decreto, sexa aconsellable por circunstancias do servicio ou da función, apreciadas pola xerencia co informe favorable do comité de empresa.

TÍTULO XV

Asistencia social

Artigo 74º.-Medidas de asistencia social.

Sen prexuízo das medidas que se desenvolvan, manterase a efectividade das seguintes:

* Ensino universitario. As universidades habilitarán os medios para conseguir que a matrícula nos centros universitarios dependentes das universidades públicas galegas sexa gratuíta para os traballadores activos e xubilados, para os seus cónxuxes ou persoa coa que convivan maritalmente e para fillos ó seu cargo.

* Escola infantil. Os traballadores da Universidade de Santiago de Compostela terán os mesmos dereitos de admisión e réxime económico có resto do persoal da universidade no uso da escola infantil para os seus fillos.

* Incapacidade transitoria, maternidade, adopción e acollemento, ou suspensión por risco durante o embarazo. A USC completará as percepcións dos traballadores durante estas situacións ata o 100 por 100 das súas retribucións mensuais.

* Xubilación. Ó producirse a xubilación dun traballador que teña como mínimo 15 anos de antigüidade recoñecida percibirá o importe íntegro de tres mensualidades e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos quince de referencia. A percepción desta cantidade será incompatible coas establecidas no artigo 72º, en todo caso o traballador poderá optar por percibir a que lle sexa máis favorable.

* Instalacións deportivas. Os traballadores terán para si, para o seu cónxuxe e para os fillos ó seu

cargo, dereito á utilización das instalacións deportivas da universidade, nas mesmas condicións cás establecidas para o resto dos membros da comunidade universitaria.

* Anticipos reintegrables. A universidade poderá conceder anticipos reintegrables ó persoal laboral nas mesmas condicións cás establecidas para os funcionarios públicos.

Artigo 75º.-Fondo de acción social.

Co obxecto de financiar accións dirixidas ó persoal constitúese un fondo de acción social para o persoal laboral, equivalente, cada ano, ó 1% da masa salarial do ano anterior. Tal fondo dedicarase ó:

a) Financiamento dun seguro que cubra a invalidez e morte derivadas de calquera continxencia.

b) Financiamento dun plan privado de pensións.

Así mesmo, as cantidades sobrantes dedicaranse ó:

1. Financiamento da gratuidade no uso de instalacións e servicios da universidade.

2. Financiamento de medidas de apoio a traballadores que teñan ó seu cargo fillos diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

3. Financiamento de sistemas complementarios de axudas ó estudio.

4. Financiamento de anticipos reintegrables.

Artigo 76º.-Seguro de vida.

* A USC comprométese a celebrar un contrato de seguro de vida para tódolos traballadores comprendidos dentro do ámbito de aplicación deste convenio, co obxectivo de dar cobertura fronte ós riscos de falecemento ou incapacidade permanente total, incluída a da profesión habitual declarada polo INSS con carácter definitivo ou revisable, derivada tanto de continxencias comúns como profesionais, ata a suma de 24.040,48 A por traballador e risco.

* Os beneficiarios para o caso de morte poderán ser libremente designados por cada traballador. De non facer uso desta facultade, entenderanse como tales e por orde excluínte: en primeiro lugar o cónxuxe supérstite non separado, en segundo lugar os fillos a partes iguais, en terceiro lugar os restantes herdeiros legais. No caso de incapacidade permanente total, o beneficiario será o propio traballador.

* A obriga da USC circunscríbese única e exclusivamente á contratación e mantemento en vigor da póliza de seguro, sen que en ningún caso poida entenderse a responsabilidade estendida á atención directa das coberturas obxecto do presente precepto.

TÍTULO XVI

Formación e perfeccionamento do persoal

Artigo 77º.-Plan de formación.

Para o financiamento do plan de formación que se aprobe, a universidade contribuirá co 1% da masa salarial que se orce en concepto de retribucións para

o persoal laboral, excluíndo as contribucións á Seguridade Social.

Artigo 78º.-Estudios oficiais de perfeccionamento da profesión.

Os traballadores que cursen estudios oficiais de perfeccionamento da súa profesión, dispensados por centros oficiais, terán preferencia para elixir quenda de traballo, así como a adaptación da xornada ordinaria de traballo á asistencia ós cursos, sempre que as necesidades do servicio e a organización do traballo o permitan.

TÍTULO XVII

Dereito de representación colectiva do persoal

Artigo 79º.-Liberdade sindical.

Ningún traballador poderá ser discriminado en razón da súa afiliación sindical e todos poderán expoñer libremente no centro as súas opinións sobre o particular.

Todo traballador poderá ser elector e elixible para exercer cargos sindicais, sempre que reúna os requisitos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 80º.-Permiso retribuído.

Todo traballador poderá dispoñer de 35 horas laborais ó ano como permiso retribuído para asistir a reunións sindicais ou de entidades legalmente constituídas e relacionadas coa súa profesión e ás que fose oficialmente citado. Para o uso deste dereito, daráselle comunicación á xerencia, como mínimo, con corenta e oito horas de anticipación e achegando a correspondente citación, en todo caso garantirase o funcionamento dos servicios.

Artigo 81º.-Asemblea de traballadores.

Sen prexuízo do disposto nos artigos 78 a 81 do Estatuto dos traballadores, poderá ser constituída a asemblea dos traballadores da universidade, dun centro ou de varios centros dela. Deberá ser convocada polo comité de empresa ou polo 20% dos traballadores do seu cadro de persoal.

Terán dereito a reunirse nun local da universidade facilitado pola xerencia, sen presencia desta. A xerencia deberá recibir comunicación cunha antelación de 48 horas. En todo caso garantirase o funcionamento dos servicios.

No caso de estar negociando un convenio colectivo, poderá reunirse dentro do horario de traballo cun límite de 6 horas no período dun mes e con só 24 horas de aviso previo.

Artigo 82º.-Tempo retribuído.

Os membros do comité de empresa disporán do tempo retribuído, que se detalla a continuación, para realizaren xestións conducentes á defensa dos intereses do persoal:

* Campus de ata 500 traballadores: 50 horas/mes.

* Campus de 501 traballadores en diante: 60 horas/mes.

Artigo 83º.-Acumulación de horas sindicais.

O comité de empresa poderá acumula-las horas sindicais dos seus membros nun ou en varios deles. O pedimento de acumulación deberá facerse por escrito, con autorización tanto do cedente como do cesionario, resolvendo a xerencia. Non se poderán acumular nin suma-las horas non utilizadas dun mes para outro. A acumulación de horas sindicais terá unha duración mínima de 6 meses e deberase comunicar cunha antelación mínima de 20 días hábiles ó seu inicio. Non obstante, poderanse autorizar acumulacións inferiores cos mesmos requisitos para a realización de actividades concretas sempre que exista crédito horario e non fose previamente acumulado.

No caso de coincidir no mesmo representante a condición de membro de comité de empresa coa condición de delegado de prevención terá un crédito horario adicional de 20 horas mensuais.

Artigo 84º.-Delegados sindicais.

Os traballadores afiliados a un sindicato poderán constituír seccións sindicais e nomear delegados sindicais segundo o establecido nos estatutos de cada sindicato. Recoñécese o dereito das centrais sindicais a seren representadas por delegados sindicais na universidade. Os delegados deberán ser traballadores en situación de activo na USC.

1. Os membros dos comités de empresa e os delegados sindicais terán os dereitos que lles recoñece a lei, en especial os seguintes:

* Dereito á libre difusión na universidade correspondente das súas publicacións, avisos ou opinións que lles poidan interesar ós respectivos afiliados, ó sindicato e ós traballadores en xeral.

* Dereito de reunión nos locais da universidade nas mesmas condicións que se sinalan para a asemblea dos traballadores.

* Dereito a seren informados dos asuntos da universidade nos termos fixados para o comité de empresa no Estatuto dos traballadores, debendo observa-lo sixilo profesional recollido no devandito estatuto.

Artigo 85º.-Locais sindicais.

A universidade, na medida das súas posibilidades, facilitará un local en cada campus para a actividade sindical e do comité de empresa, así como o material de oficina necesario. Así mesmo, disporase de taboleiros de anuncios reservados á libre comunicación sindical en tódolos centros onde sexan precisos.

Disposicións adicionais

Primeira.-Persoal funcionario do grupo E.

O persoal funcionario pertencente ó grupo E poderá participar en calquera concurso de provisión de postos laborais da categoría de auxiliar de servicios e de conserxe. Para os efectos dunha avaliación homoxénea dos méritos, adaptarase o baremo que rexa nos traslados do persoal laboral ás peculiaridades do réxime estatutario.

Segunda.-Cesións de uso de vivendas.

Aqueles traballadores que no momento do asinamento do presente convenio estean a gozar dunha cesión de uso gratuíta dalgunha das vivendas situadas nos inmobles de titularidade da USC, estarán suxeitos ás seguintes normas:

1. A cesión de uso estará directamente vinculada á ocupación efectiva dun posto de traballo, sen que poida existir posibilidade de subrogación, alugueiro, ou subalugueiro por parte do traballador.

2. O traballador estará obrigado a ocupa-la vivenda. No caso de non facer uso dela durante un período de dous meses ó ano, sen causa debidamente xustificada, a universidade pode proceder a dar por rematada a cesión de uso.

3. Correrán por conta do traballador os gastos correntes derivados da utilización da vivenda obxecto da cesión, tales como luz, auga, teléfono, calefacción e outros que puidesen existir. Para tal fin a universidade posibilitará a instalación de contadores que permitan unha efectiva imputación deses gastos ó titular da cesión.

Terceira.-Avaliación da calidade.

Considérase necesario fixar, no que ó persoal se refire, os mecanismos que posibiliten aplica-lo proceso de avaliación da calidade dos servicios e da incentivación dos programas para a súa mellora que, con carácter xeral e aplicando procedementos de dirección participativa por obxectivos, se vai dar na universidade, así como a apertura dun sistema de carreira profesional baseado na avaliación individual e voluntaria do desempeño.

A avaliación ten por obxecto a mellora da calidade dos servicios prestados, converténdose nun instrumento máis da política de calidade da USC.

* Debe ser global, é dicir, aplicable a tódolos servicios universitarios.

* Debe ser participativa, é dicir, que na mesma deben participa-los servicios avaliados e os seus usuarios.

* Debe ser colectiva para os servicios e individual dos traballadores.

Con estes criterios e tendo en conta o obxectivo de homoxeneización é necesario determinar nun escenario conxunto os mecanismos que permitan:

Avaliación colectiva:

A avaliación empregará métodos de dirección participativa por obxectivos e nela participarán ademais dos superiores xerárquicos e os responsables dos servicios, representantes dos usuarios a través de comités de calidade articulados institucionalmente.

As avaliacións desenvolveranse en programas cuadrienais, que coincidirán cos períodos das programacións plurianuais.

Avaliación individual:

Será voluntaria e pivotará sobre os elementos da carreira profesional.

* Debe ser directiva, é dicir, que a avaliación do rendemento está en función dos obxectivos fixados pola dirección, coherentes coa formulación estratéxica da universidade e non en simples decisións illadas.

* Debe combinar un procedemento de avaliación e incentivación colectiva dos servicios, cun individual.

Cuarta.-Valoración da antigüidade nos concursos.

Nos concursos de provisión de postos para as categorías existentes, valorarase a antigüidade na mesma categoría. En caso de empate, a antigüidade na Administración, e de persistir este, a maior idade.

Quinta.-Acordo de promoción.

A xerencia e o comité de empresa, negociarán un acordo de promoción que abranguerá ata o 31 de decembro do 2006 e que afectará aqueles traballadores fixos que no momento da sinatura do presente convenio pertenzan as actuais categorías de: vixilantes, telefonistas, auxiliares de servicio, auxiliares técnicos de bibliotecas, oficiais de laboratorio e especialistas de oficios de imprenta.

En atención ás peculiaridades deste proceso de promoción interna, motivado pola creación e extinción de categorías, teranse en conta as porcentaxes establecidas no artigo 32.3º do convenio cando así se acorde entre o comité de empresa e a xerencia.

No acordo determinaranse as porcentaxes de prazas que se convocarán cada ano e o número de efectivos que se capacitarán, que non ten por qué coincidir co número de postos ofertados. Así, co obxecto de constituír unha bolsa na categoría durante a vixencia do acordo, capacitaranse máis efectivos dos que se poderán incorporar nos postos ofertados, ata alcanza-lo tope máximo ofertado á promoción. Deste xeito, a capacitación na categoría non levará aparellado o ingreso inmediato nela, senón que se producirá sempre con ocasión dun posto vacante.

A ocupación das novas prazas derivadas das categorías obxecto da promoción, levará aparellada a amortización das prazas na categoría de orixe.

Sexta.-Participación en concursos de persoal doutra Administración.

O persoal que procedente doutra Administración pública estea destinado provisionalmente na USC, para os efectos de participar no concurso de traslados, non lle será esixible o requisito de permanencia no posto de procedencia de 2 anos, establecido con carácter xeral no artigo 21º.

Disposicións transitorias

Primeira.-Persoal do Instituto de Idiomas.

A comisión paritaria establecerá as condicións nas que se integrará o persoal docente do Instituto de Idiomas.

Segunda.-Absorcións dos complementos persoais transitorios (CPT).

a) Os complementos persoais transitorios derivados do antigo complemento de perigosidade reabsorberanse nos seguintes supostos:

1. Promoción: cando o traballador promova a unha nova categoría.

2. Cambios de xornada: cando o posto que ocupa teña un cambio no réxime de xornada que implique unha maior retribución.

3. Cambios de posto: cando o traballador cambie a un posto que teña unha maior retribución.

4. Reclasificacións: no momento na que esta se leve a cabo.

O importe deste CPT virá determinado pola suma da contía do complemento de perigosidade e do complemento persoal derivado do acordo do 16 de decembro de 1998 en valores actualizados ó ano 2001 e manterase no seu importe ata que se produza a reabsorción.

b) Os CPT derivados da aplicación deste convenio serán absorbidos segundo indiquen as leis de orzamentos anuais, con efectos de xaneiro de 2002.

Terceira.-Complemento de funcións.

Como consecuencia do novo modelo de clasificación profesional establecido neste convenio, aboarase un complemento de funcións nun pagamento único non consolidable para o ano 2001, por importe de 601 A.

Cuarta.-Persoal laboral a extinguir que ocupe postos de funcionarios.

O persoal laboral fixo a extinguir, que desempeñe postos de traballo definidos na relación de postos de traballo de funcionarios, percibirá con cargo ós créditos orzamentarios deste, a diferencia entre o seu salario base e a retribución do posto, calculada como se o ocupante fose do grupo de clasificación que se corresponde co que teña o laboral.

Quinta.-Reclasificacións.

Categoría actualGrupoCategoría novaGrupo

Especialista en soprado de vidroIVTécnico especialista de investigaciónIII1

DelineanteIVDelineanteIII2

Mozo de servicio (Dpto. de Anatomía e Producción Animal da Facultade de Veterinaria)

V

Técnico de investigaciónIII3

Mozos de servicio

V

-Xardineiros (os da E.P.S.)-Oficiais de servicio (os de deportes)-Cociñeira (a da escola infantil)-Oficiais de laboratorio (os do animalario e mailos da Facultade de Veterinaria)IV1

-Auxiliar de servicios (área biblioteca) de Lugo-Auxiliar de servicios de fonoteca

V

ATBIV1

-Auxiliares de servicios de correos-Auxiliares de servicios da área de deportes

V

Oficiais de servicioIV1

Disposicións derradeiras

Primeira.-Supletoriedade da lexislación laboral.

En todo o recollido no presente convenio atenderase á lexislación laboral que lle é de aplicación. En defecto desta, atenderase o acordo entre ámbalas partes, formalizado mediante pacto. No caso de non chegar a un acordo, aplicarase, sempre que a natureza do tema o permita, como criterio interpretativo supletorio o réxime, autonómico e estatal, legalmente establecido para os funcionarios.

Segunda.-Outras melloras.

Se por disposición legal ou regulamentaria ó persoal funcionario da universidade se lle recoñecera melloras no seu réxime de xornada e horario, vacacións, permisos, licencias e asistencia social, estas aplicaranse automaticamente ó persoal suxeito a este convenio.

ANEXO I

Cadro de equivalencias entre categorías

Categorías do convenio antigoCategorías do convenio novo

GrupoCategoríaGrupoCategoría

I...I 1 Enxeñeiro industrial
Analista informáticoAnalista informático
MédicoMédico (para extinguir)
Médico de empresaMédico de empresa
Encargado técnico do servicio de radioisótoposTécnico superior de protección radiolóxica
ArquitectoArquitecto
Técnico en telecomunicaciónsTécnico superior de telecomunicacións

Técnico en publicaciónsI 2Técnico superior de publicacións
Técnico en normalización lingüísticaTécnico superior normalización
Técnico en actividades culturaisTécnico superior actividades culturais
Profesor de educación físicaTécnico superior actividades deportivas
TraductorTécnico superior en traducción
PeriodistaXornalista
Técnico de documentación informáticaTécnico superior de información

Técnico en orientación estudiantilI 2
Técnico de emprego
Asesor técnico do COIETécnico superior de xestión
Técnico oficina de investigación e tecnoloxía

Técnico seguridade de refugallos non radioactivos

Técnico difracción de raios X

Técnico de resonancia magnética

I 2

Técnico superior de investigación

IIDiplomado enfermeríaII 1Diplomado enfermería (DUE)
Enxeñeiro técnico industrialEnxeñeiro técnico industrial
MestreMestre especialidade educación infantil

Arquitecto técnicoII 1Arquitecto técnico
Técnico de seguridade

Técnico xestor de sistemasII 1Técnico xestor de sistemas:
-Especialidade xestión de sistemas
-Especialidade programación

Técnico de espectrometría de masasII 2Técnico grao medio investigación

DocumentalistaII 2
Axudante técnico en documentación informáticaTécnico grao medio información

Restaurador libros e documentosII 2Restaurador libros e documentos

IIITécnico especialista da garderíaIII 1Técnico especialista escola infantil

Categorías do convenio antigoCategorías do convenio novo

GrupoCategoríaGrupoCategoría

Técnico especialista encargado animalario central

Técnico especial. en microelectrónica

Técnico especial. en microscopia electrónica

Técnico especialista E.U. óptica

Técnico especial. en soprado de vidro

Especialista en soprado de vidro (*)

Técnico especial. en análise elemental

Técnico especialista en crioxenia

Técnico especial. en espectrometría de masas

Técnico especialista en espectroscopía vibracional

Técnico especialista do herbario

Técnico especialista do Museo de Historia Natural

Técnico especialista en resonancia magnética

Técnico especialista en raios X

Técnico especialista en protección radiolóxica

Técnico especialista en imaxe e son

III 1

Técnico especialista de investigación:-Especialidade electrónica-Especialidade mecánica-Especialidade química-Especialidade física-Especialidade bioloxía-Especialidade saúde-Especialidade imaxe-Especialidade son

Técnico especialista informática

Programadores

Operadores

Técnico especialista procesado de imaxe e radioloxía dixital

III 1Técnico especialista informática:-Especialidade administración de sistemas-Especialidade desenvolvemento de sistemas

ConductorIII 2Conductor (a extinguir)
Delineante(*)Delineante
Técnico especialista en actividades deportivasTécnico especialista en actividades deportivas
Protésico dentalProtésico dental
Técnico especial de fotocomposiciónTécnico especialista de fotocomposición
Técnico especialista de OffsetTécnico especialista de Offset

Técnico espec. en medios audiovisuaisIII 2Técnico espec. en medios audiovisuais
Encargado de instalacións culturais

Encargado de actividades culturaisIII 2Técnico espec. actividades culturais
Encargado xardineríaTécnico especialista en zonas verdes

Especialista imprenta III 3Técnico imprenta

...

III 3Técnico investigación:-Área electrónica-mecánica-Área química-física-Área bioloxía-saúde-Área imaxe-son

IVAuxiliar técnico de bibliotecasIV 1Auxiliar técnico de bibliotecas

Oficial de laboratorio

Especialista animalarios

Especialista de prácticas da Fac. de Medicina e Odontol.

Oficial animalario

Mozos de servicio (animalarios) (*)

IV 1

Oficial de laboratorio

Encargado de seguridadeIV 1Axudante de seguridade e prevención

Cociñeiro

Mozo de servicio (escola infantil) (*)

IV 1Cociñeiro

Carpinteiro

Electricista

Pintor

Fontaneiro

Calefactor

Xardineiro

Mozos de servicio (Escola Politécnica Superior) (*)

IV 1

Especialista de oficios

Especialista servicio de publicacións

Almaceneiro (publicacións)

IV 1Auxiliar técnico de publicacións

Conserxe

Especialista das unidades deportivas

Mozos de servicio (área deportiva) (*)

Almaceneiro

Intendente da imprenta

Encargado de correos

IV 1

Oficial de servicios

Categorías do convenio antigoCategorías do convenio novo

GrupoCategoríaGrupoCategoría

Auxiliar puericultor/aIV 1Puericultor/a
ConductorConductor
SocorristaSocorrista
...Auxiliar técnico informático
...Axudante de seguridade e prevención
...Teleinformador/a

VAuxiliares de serviciosIV 2Auxiliares de servicios
Persoal da limpeza (a extinguir)Persoal da limpeza (a extinguir)
VixilantesVixilantes (a extinguir)
TelefonistasTelefonistas (a extinguir)

(*) Categorías reclasificadas.

ANEXO II

Retribucións anuais

GrupoRetribución básica

PesetasEuros

I3.823.66222.980,67

II3.206.21619.269,75

III2.590.80515.571,05

IV 12.208.08913.270,88

IV 22.141.38112.869,96

GrupoComplemento categoría

PesetasEuros

I-1844.1665.073,54

I-2432.6032.600,00

II-1523.8483.148,39

II-2283.3151.702,76

III-1447.8812.691,82

III-2214.2041.287,39

III-3148.873894,74

IV-1148.873894,74

Complemento de permanencia

GrupoRetribución anual

PesetasEuros

III516.9753.107,08

IV353.2942.123,34

Complementos de postos singularizados

Grupo I

Postos singularizadosCompl.Importe

PesetasEuros

Director OXI11.760.15910.578,77

Director OAU11.760.15910.578,77

Director SEIN11.760.15910.578,77

Subdirector SEIN21.163.4336.992,37

Coordinador aulas informáticas21.163.4336.992,37

Director SECUS11.760.15910.578,77

Responsable rede de voz21.163.4336.992,37

Responsable rede de datos21.163.4336.992,37

Responsable rede de Lugo21.163.4336.992,37

Director servicio médico11.760.15910.578,77

Director servicio radioisótopos11.760.15910.578,77

Director área deportes21.163.4336.992,37

Subdirector área deportes3844.1665.073,54

Director COIE21.163.4336.992,37

Subdirector COIE3844.1665.073,54

Director área cultural21.163.4336.992,37

Postos singularizadosCompl.Importe

PesetasEuros

Xefe gabinete comunicación21.163.4336.992,37

Director servicio publicacións21.163.4336.992,37

Director normalización lingüística21.163.4336.992,37

Director servicio de traducción21.163.4336.992,37

Responsable de difracción de raios X3844.1665.073,54

Responsable refugallos3844.1665.073,54

Responsable RMN3844.1665.073,54

Grupo II

Postos singularizadosCompl.Importe

PesetasEuros

Subdirector OAU11.431.3578.602,63

Responsable OAU campus norte21.112.0906.683,80

Responsable OAU campus sur21.112.0906.683,80

Responsable OAU Campus Lugo21.112.0906.683,80

Responsable de seguridade21.112.0906.683,80

Responsable mantemento OXI21.112.0906.683,80

Responsable Campus Lugo OXI21.112.0906.683,80

Director da escola infantil21.112.0906.683,80

Responsable espectometría de masas3904.1335.433,95

Grupo III

Postos singularizadosCompl.Importe

PesetasEuros

Rexente11.228.3207.382,35

Subrexente21.020.3646.132,51

Director servimav11.228.3207.382,35

Subdirector área cultural21.020.3646.132,51

Postos singularizadosCompl.Importe

PesetasEuros

Encargado de actividades culturais de Lugo3640.0803.846,96

Encargado instalacións culturais4300.6981.807,23

Responsable rede xestión21.020.3646.132,51

Encargado de animalario central3640.0803.846,96

Responsable crioxenia3640.0803.846,96

Responsable análise elemental3640.0803.846,96

Responsable herbario3640.0803.846,96

Responsable museo3640.0803.846,96

Responsable microscopia electrónica3640.0803.846,96

Responsable espectroscopia vibracional3640.0803.846,96

Encargado soprado de vidro3640.0803.846,96

Responsable microelectrónica3640.0803.846,96

Encargado do parque móbil3640.0803.846,96

Encargado instalacións deportivas4300.6981.807,23

Encargado actividades deportivas Lugo4300.6981.807,23

Encargado club naútico4300.6981.807,23

Encargado de xardinería4300.6981.807,23

Grupo IV

Postos singularizadosCompl.Importe

PesetasEuros

Coordinador de prevención1756.2744.545,30

Encargado do parque móbil1756.2744.545,30

Xefe de correos1756.2744.545,30

Gobernante/a3416.8932.505,58

Conserxe3416.8932.505,58

Encargado de correos Lugo4340.9812.049,34

Encargado do animalario medicina2570.2503.427,27

Encargado animalario bioloxía e medicina2570.2503.427,27

Dilixencia: para facer constar que este é o texto final no que se recollen os puntos de acordo ós que chegou a comisión negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, na súa reunión do 11 de abril de 2002.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Asinan.

En representación da parte social:

Juan Oreiro Formoso.

Presidente do comité de empresa.

En representación da universidade:

Ana C. Fernández Pulpeiro.

Xerente da USC.