Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Serco Porriño, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Serco Porriño, S.L., con nº de código 3603392, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 21-12-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Serco Porriño, S.L.

I. Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

Este convenio colectivo afectará a tódolos traballadores da entidade mercantil denominada Serco Porriño, S.L.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Comprenderá a tódolos traballadores e rexerá igualmente para aquelas empresas que reunindo idénticas ou similares condicións se adhiran ó campo de aplicación deste convenio.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor en tódolos seus efectos o día 1 de xaneiro de 2002. A súa duración será de tres anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2004, e entenderase prorrogado por períodos dun ano se calquera das partes non denuncia por escrito ante a outra cunha antelación de dous meses á data de remate da súa vixencia, expresándose as condicións obxecto da negociación.

Ámbalas partes comprométense a inicia-las negociacións dun novo convenio con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia. Mentres non se alcance un novo acordo, permanecerá vixente o actual redactado.

As partes asinantes deste convenio acóllense á paz laboral.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

Tódalas melloras económicas e de traballo que se implanten en virtude deste convenio serán compensadas e absorbibles, en cómputo anual e ata onde alcancen, con todas aquelas melloras voluntarias que teñan concedidas por parte da empresa, tanto se se aboan en metálico coma en especie ou habitación, ou incentivos sobre producción, calquera que sexa o sistema aplicado, así como as producidas ou as que se produzan en disposicións legais a partir da data de entrada en vigor do convenio.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas neste convenio e a facultade de aplicalas, a empresa se lle vén aboando ó seu persoal salarios superiores ós establecidos regulamentariamente, non ten a obriga de aplica-las elevacións que rexen nas presentes estipulacións agás na contía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do pactado no presente convenio, que estará composto polo director-xerente da empresa e a presidenta do comité de empresa. Esta comisión actuará no ámbito da súa competencia sen invadi-las esferas daqueles organismos que teñan unha determinada e concreta competencia recoñecida na normativa de convenios colectivos sindicais.

Artigo 8º.-A organización do traballo.

De acordo co previsto neste convenio, correspóndelle ó empresario, quen a levará a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control de traballo e as ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

No suposto de que se deleguen facultades directivas, esta delegación farase de modo expreso, de maneira que sexa suficientemente coñecida, tanto para os que reciban a delegación de facultades, como polos que despois serán destinatarios das ordes recibidas.

As ordes que teñan por si mesmas o carácter de estables deberán ser comunicadas expresamente a tódolos afectados e dotaranse de suficiente publicidade.

A organización do traballo terá por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na óptima realización dos recursos humanos e materiais. Para este obxectivo cómpre a mutua colaboración das partes integrantes da empresa: dirección e traballadores.

A representación legal dos traballadores velará polo exercicio das facultades antes aludidas para que non se incumpra a lexislación vixente, sen que isto poida considerarse transgresión da boa fe contractual.

Artigo 9º.-Desenvolvemento.

A organización do traballo entenderase, entre outras, sobre as seguintes cuestións:

-Determinación dos elementos necesarios para que o traballador poida alcanzar polo menos o rendemento normal ou mínimo.

-A fixación da calidade admisible ó longo do proceso de producción de que se trate.

-A esixencia da vixilancia, atención e dilixencia no coidado da maquinaria, instalacións e aparellos, encomendados ó traballador.

-Distribución do persoal de acordo co previsto no presente convenio.

Artigo 10º.-Clasificación profesional.

Os traballadores afectados por este convenio manterán a súa clasificación profesional en canto ás categorías e estructuras salariais que se citan no anexo I, para o ano 2002.

ANEXO I

CategoríaSalario baseParticipación en Bº

PesetasEurosPesetasEuros

Oficiais administrativos (resp. de loxística, calidade, RRHH...)106.605640,718.88353,39

Encargados, responsable de quenda111.780671,819.31555,98

Xerentes129.375777,5610.78264,80

Licenciados130.410783,7810.86865,31

Diplomados114.885690,479.57457,54

Auditores104.535628,278.71252,36

Oficiais segunda administrativos (resp. de calidade, producción...)101.430609,618.45350,80

Almaceneiro98.325590,958.19449,25

Responsable de posto, profesional de oficio98.325590,958.19449,25

Carretilleiro96.804581,808.06748,48

Auxiliar de producción93.150559,847.76346,65

Operario, mozo, persoal de mantemento93.150559,847.76346,65

Persoal de limpeza93.150559,847.76346,65

Auxiliares administrativos81,765491,426.81340,95

ANEXO II

Debido á especial complexidade das funcións de caretilleiro, dentro delas compréndense actividades de almacén que, ademais da carga, descarga, amoreamento e distribución, con axuda ou non de elementos mecánicos, impliquen comprobación de entradas e saídas de mercadorías, baixo instruccións e dando conta a un responsable de almacén, pesaxe e despacho delas, con partes e albarás cubertos, tarefas de transporte e paletización, realizada con axuda de elementos mecánicos.

Artigo 11º.-Polivalencia e plena ocupación. Mobilidade funcional. Traballos de distinto grupo profesional.

Co obxecto de que o traballador estea ocupado toda a xornada, a dirección da empresa poderá facilitarlle as tarefas para isto, respectando a profesionalidade da súa categoría profesional, é dicir, poderá

levarse a cabo unha mobilidade funcional no interior das categorías profesionais, cando iso non implique un cambio de localidade, aptitude necesaria para o desempeño das tarefas encomendadas ó dito traballador, reintegrándose o traballador ó seu antigo posto cando cese a causa que motivou tal cambio. O traballador conservará a retribución correspondente ó seu grupo superior, que en tal caso, mentres dure o novo destino, percibirá os salarios correspondentes ós traballos que hai que realizar.

O traballador pode solicitar un cambio de grupo/categoría/nivel profesional; nese caso o seu salario acondicionarase segundo o novo grupo profesional. En ningún caso o cambio de grupo poderá implicar menoscabo da dignidade humana.

Nos casos de traballadores adscritos con carácter forzoso a un grupo/categoría/nivel profesional inferior, por exceso de cadro de persoal, deberá ser reintegrado ó grupo de orixe en canto existan vacantes do seu grupo.

Artigo 12º.-Contratación.

A empresa poderá realizar contratos de traballo de duración determinada, tal como establece a lexislación vixente coas seguintes peculiaridades:

1. Contrato para a formación laboral: tendo en conta as necesidades de cualificación dos traballadores do sector e de acordo co establecido na alínea c), do parágrafo segundo do artigo 11 do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción dada pola Lei 63/1997, a duración máxima dos contratos de formación laboral realizados cos traballadores afectados polo presente convenio será de dous anos.

2. O contrato eventual por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos. O contrato de duración determinada regulado no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción establecidas pola Lei 63/1997, poderá ter unha duración máxima de 13 meses dentro dun período de 18 meses.

A citada duración máxima será aplicable ós novos contratos desta modalidade a partir da entrada en vigor do presente convenio como ás prórrogas dos contratos vixentes antes da súa entrada en vigor.

Contrato de obra ou servicio determinado. Co fin de potencia-la utilización pola empresa das modalidades de contratación previstas pola lei e facilita-lo interese da empresa na contratación propia, poderase utiliza-lo contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores.

Estes contratos para a realización dunha obra ou servicio determinado, con autonomía e substantividade propia dentro da actividade da empresa, poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que soporta a empresa que, limitados no tempo, sexan en principio de duración incerta,

estean directamente ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa.

3. O resto das contratacións incluída a indefinida acollerase á lexislación vixente.

Artigo 13º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, que non poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de dous meses para os demais traballadores. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó posto de traballo que desempeñe como se fose do cadro de persoal, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Transcorrido o período de proba sen que se producise a desistencia, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa. As situacións de incapacidade temporal, maternidade, adopción ou acollemento que afecten o traballador durante o período de proba, interrompen o cómputo deste, que se reiniciará a partir da data de incorporación efectiva ó traballo.

Artigo 14º.-Ascensos.

Os ascensos de traballadores a postos de traballo que impliquen mando ou confianza serán de libre designación pola empresa.

Artigo 15º.-Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa están obrigados a poñelo en coñecemento da empresa, dirixíndose por escrito á dirección da empresa comunicando a dta da dimisión cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

Persoal titulado: dous meses.

Persoal técnico non titulado e administrativo: un mes.

Persoal subalterno, profesionais de oficio ou peóns: 15 días.

Admitida a dimisión, o empregado perderá tódolos seus dereitos na empresa, e se algunha vez quixese incorporarse deberá someterse a tódalas condicións regulamentarias, como se se tratase dun novo ingreso.

Artigo 16º.-Xornada.

A xornada dos traballadores afectados polo presente convenio será unha xornada anual de 1.766 horas efectivas en cómputo anual como máximo para o ano 2002, 2003 e 2004. Os días 24 e 31 de decembro considéranse non laborables, compensados polo exceso de días en cómputo da xornada.

O traballador deberá estar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo do seu centro de traballo, coa súa correspondente indumentaria.

A xornada normal será computada en consideración á iniciación do labor no posto de traballo e remate deste, e non polo concepto de entrada e saída da nave.

A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento co comité ou delegados de persoal ou cos traballadores, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumento das vendas, ou ben favoreza as necesidades da producción.

Os traballadores en xornada intensiva teñen dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo segundo as necesidades do servicio, os traballadores menores de 18 anos disporán dun paro de 30 minutos.

O traballo dos operarios con funcións de mantemento e reparación de instalacións ou maquinaria, necesarios para a reiniciación ou continuidade do proceso productivo, así como o persoal que poña en marcha ou peche o traballo dos demais, poderá prolongarse polo tempo necesario, sen que o exceso sobre a xornada ordinaria se compute como horas extraordinarias, debendo aboarse, como mínimo, a pro rata do valor da hora extraordinaria.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

Realizaranse sempre que sexan necesarias para atende-las necesidades do sector, pedidos por unha producción, etc., reparación de sinistros ou outros danos de carácter extraordinario e urxente, cun tope máximo de dúas horas extraordinarias diarias.

As xornadas que se realicen en...

-Días laborables: 825 pesetas/hora, 4,96 euros/hora.

Domingos e festivos: 1.125 pesetas/hora, 6,76 euros/hora.

Pagaranse polo concepto de valor/hora.

Afecta as categorías especificadas no anexo I

Artigo 18º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio, sexa cal sexa a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións retribuídas de trinta días naturais de duración, dos cales, polo menos 21 serán laborables, iniciándose, en calquera caso, o seu desfrute en día laboral.

As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

Artigo 19º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso de polo menos corenta e oito horas, agás acreditada urxencia e xustificación posterior, está facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) De dous a catro días naturais por falecemento do cónxuxe, fillos, pais ou avós dun ou outro cónxuxe, segundo se o feito que o motivase se produce no lugar ou residencia do traballador ou outro distinto.

d) Un día por falecemento de netos ou irmáns dun ou outro cónxuxe. Se necesitase o traballador facer desprazamento para o efecto o prazo ampliaríase a dous días.

e) Dous días por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Un día por tratamento de domicilio habitual.

g) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudios que estea realizando en centros de ensino, universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privados, recoñecidos.

h) Consulta ó médico:

-Médico especialista: polo tempo necesario, cun máximo de cinco horas ó día.

-Médico de cabeceira: ata un máximo de catro saídas anuais, debidamente xustificadas, sen que as ausencias poidan supera-las catro horas ó día ou 16 horas ó ano.

Artigo 20º.-Salarios.

Para o ano 2002 efectuarase un incremento do 3,5% con respecto dos salarios que para cada categoría se estableceu no convenio colectivo do ano 2001, para o 2003 será o IPC previsto polo Goberno máis un 0,5 e para o 2004 será o IPC previsto máis un punto.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2001 un incremento superior ó 3,5%, o dito exceso servirá de base para a elaboración da táboa do ano 2002 (1-1-2002 ó 31-12-2002). Para iso, no momento en que se coñeza tal dato, porcederase a cuantifica-lo dito exceso, una vez cuantificado adicionarase ós salarios pactados para o 2002.

Co obxecto de consegui-la necesaria estabilidade económica, as porcentaxes de incremento salarial pactadas non serán de necesaria e obrigada aplicación para aquelas empresas que acrediten, obxectiva e fidedignamente, situacións de déficit ou perdas mantidas no exercicio anterior.

Nestes casos trasladaráselles ás partes a fixación dos aumentos de salario. Para valorar esta situación teranse en conta circunstancias tales como o insuficiente nivel de producción e vendas, e atenderanse os datos que resulten da contabilidade das empresas, dos seus balances e das súas contas de resultados.

Tal circunstancia deberase presentar ante a representación dos traballadores a documentación da empresa que xustifique un tratamento salarial diferenciado.

Unha vez manifestadas as circunstancias e condicións xustificativas de non se atopar en disposición de afrontar como necesario ou obrigado a aplicación do incremento salarial pactado en convenio colectivo, negociarase cos representantes dos traballadores un incremento salarial distinto ó pactado en convenio.

Artigo 21º.-Gratificación de antigüidade.

Trienios do 3% cun máximo de catro trienios do salario base.

Artigo 22º.-Gratificacións extraordinarias.

O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xullo e decembro, antes dos días 20 de cada un deles. Estas pagas extraordinarias non se devengarán mentres duren as causas de suspensión do contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores. A contía das pagas extraordinarias de xullo e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios deste convenio e maila antigüidade, se é o caso.

Artigo 23º.-Participación en beneficios.

Establécese unha participación en beneficios do 8,33% do salario de base, incrementado coa antigüidade; o seu importe farase efectivo mensualmente.

Artigo 24º.-Réxime disciplinario. Faltas. Sancións.

Toda falta cometida polos traballadores clasificarase en atención á súa transcendencia ou intención en leve, grave ou moi grave.

1. Faltas leves:

1.1. A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo de ata tres ocasións nun período dun mes.

1.2. A inasistencia inxustificada dun día ó traballo no período dun mes.

1.3. Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes, a inasistencia ó traballo, agás que se probe a imposibilidade de podelo facer.

1.4. O abandono do servicio ou do posto de traballo sen causa xustificada por períodos breves de tempo, se como consecuencia disto se ocasionase prexuízo dalgunha consideración nas persoas ou nas cousas.

1.5. As deterioracións leves na conservación ou no mantemento dos equipos e material de traballo dos que se fose responsable.

1.6. A desatención ou falta de corrección no trato cos clientes ou provedores da empresa.

1.7. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que estes poidan ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo á empresa.

1.8. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia do traballador que teñan incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

1.9. Todas aquelas faltas que supoñan incumprimento das prescricións, ordes ou mandatos dun superior no exercicio regular das súas funcións, que non comporten prexuízos ou riscos para as persoas ou para as cousas.

1.10. A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo, sen a debida xustificación.

1.11. Discutir cos compañeiros, cos clientes ou provedores dentro da xornada de traballo.

2. Faltas graves:

2.1. A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións no período dun mes.

2.2. A inasistencia non xustificada ó traballo de dous a catro días, durante o período dun mes, abondará unha soa falta cando esta afecte á substitución dun compañeiro se como consecuencia da inasistencia se ocasionase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

2.3. O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que teñan incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

2.4. Entregarse a xogos ou distraccións de calquera índole durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando, con isto, un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

2.5. A desobediencia ás ordes ou mandatos das persoas das que depende organicamente no exercicio regular das súas funcións, incluídas as relativas a normas de seguridade e hixiene incluídas as relativas a normas de seguridade e hixiene incluídas a imprudencia ou neglixencia no traballo, salvo que delas se derivasen prexuízos graves á empresa, causaren avarías ás instalacións, maquinarias e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de accidente paras as persoas; nese caso serán consideradas como faltas moi graves.

2.6. A falta de aseo ou limpeza persoal que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo e sempre que previamente mediase a oportuna advertencia por parte da empresa.

2.7. Suplantar a outro traballador alterando os rexistros e controis de entrada ou saída ó traballo.

2.8. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha deste, sempre que disto non se derive prexuízo grave para as persoas ou cousas.

2.9. A realización sen previo consentimento da empresa de traballos particulares, durante a xornada de traballo, así como o emprego para usos propios ou alleos dos útiles, ferramentas, maquinaria ou vehículos da empresa, mesmo fóra da xornada laboral.

2.10. A reincidencia na comisión de falta leve, aínda que sexa de natureza distinta, dentro dun trimestre e mediando sanción.

2.11. Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falta de respecto á intimidade ou á dignidade das persoas.

2.12. A embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

2.13. A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos útiles, ferramentas, vehículos e obras ó seu cargo, cando diso se derivase un prexuízo grave á empresa.

3. Faltas moi graves:

3.1. A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de dez ocasións durante o período dun mes, ou ben máis de vinte nun ano.

3.2. A inasistencia ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

3.3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

3.4. A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase que existe infracción laboral, cando encontrándose de baixa o traballador por calquera das causas sinaladas, realice traballo de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén terá a consideración de falta moi grave toda manipulación efectuada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

3.5. O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada aínda por breve tempo, se como consecuencia deste se ocasionase un prexuízo considerable á empresa ou ós compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguridade ou fose causa de accidente.

3.6. A habitualidade da embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas, se supón alteración das facultades físicas ou psíquicas no desempeño das súas funcións.

3.7. O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada confidencialidade da empresa.

3.8. A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

3.9. A diminución voluntaria e continuada no rendemento de traballo normal ou pactado.

3.10. Os malos tratos de palabra ou obra, a falta de respecto e consideración ós seus superiores ou ós familiares destes, así como ós seus compañeiros de traballo, provedores e clientes da empresa.

3.11. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

3.12. A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase prexuízo notorio para a empresa ou para os seus compañeiros de traballo, agás que sexan debidos ó abuso de autoridade. Terán a consideración de abuso de autoridade, os actos realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios, con infracción manifesta e deliberada ós preceptores legais e con prexuízo para o traballador.

3.13. Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral, ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

3.14. A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

Réxime de sancións:

As sancións máximas que se poderán impoñer pola comisión de faltas sinaladas son as seguintes:

Por falta leve: amoestación por escrito.

Por falta grave: amoestación por escrito. Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

Por faltas moi graves: amoestación por escrito. Suspensión de emprego e soldo de 21 a 60 días. Despedimento.

Prescrición:

Faltas leves: prescriben ós 10 días.

Faltas graves: ós 20 días.

Faltas moi graves: ós 60 días.

A prescrición das faltas sinaladas empezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Artigo 25º.-Dereitos sindicais. Formación. Acción.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

A empresa daralles conta das novas contratacións que realicen ós representantes dos traballadores, se existisen. Ó existir representación sindical, terase

un taboleiro de anuncios para a inserción da propaganda sindical. En canto á inserción desta observarase o disposto do Estatuto dos traballadores.

De existir común acordo entre a empresa e a representación dos traballadores (comité ou delegado) poderase pacta-la acumulación de horas sindicais nun só representante.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, a empresa facilitará o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderán dispoñer dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores: 15 horas.

-De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais, que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

A comunicación establecida no artigo 65 por comisión de faltas graves ou moi graves será realizada, tamén, á central sindical á que pertenza o traballador, sempre que a empresa teña constancia fidedigna da súa pertenza e que esta central sindical teña representación na empresa.

Artigo 26º.-Roupa de traballo e ferramentas.

A empresa deberá entregarlle ó persoal as pezas de roupa de traballo adecuadas á súa actividade, consistente nunha chaqueta curta e un pantalón ou funda, podendo figurar letreiros no peto na súa parte dianteira ou na súa parte posterior, calzado adecuado á actividade que se vai desenvolver en cada momento, cada seis meses, así como as ferramentas que necesiten para desempeña-lo seu traballo.

Os traballadores devolverán os utensilios e ferramentas:

-Para poder recibi-las novas, de non facelo, a empresa poderá desconta-lo 50% do importe correspondente á última entrega.

-Ó causar baixa na empresa. De non facelo, a empresa poderá desconta-lo 75% do importe correspondente á última entrega.

Igual para os utensilios e ferramentas.

Artigo 27º.-Festivos.

Observaranse as festas establecidas nos calendarios aprobados anualmente pola autoridade laboral, excepto os festivos locais, que debido ás necesidades de producción a empresa se acollerá ós festivos de componentes de vehículos de Galicia.

Artigo 28º.-Suspensión do contrato.

-Suspensión con reserva do posto de traballo: artículo 48 do ET.

-Excedencia voluntaria: artículo 46 do ET.

-Excedencia por coidado de familiares: artículo 46 ET.

-Servicio militar ou prestación social substitutoria: os traballadores durante o seu servicio militar ou prestación social substitutoria, terán reservado o seu posto de traballo, e deberán reincorporarse á empresa dentro do mes seguinte á data do seu licenciamento.

-Excedencia sindical: os que teñan cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organizacións sindicais máis representativas, terán dereito á excedencia forzosa con dereito á reserva do posto de traballo e ó cómputo da súa antigüidade mentres dure o exercicio do seu cargo representativo, debendo reincorporarse ó seu posto de traballo dentro do mes seguinte á data do cesamento.

Artigo 29º.-Seguridade e saúde laboral.

No prazo máximo de tres meses crearase unha comisión integrada por representantes da empresa e dos traballadores, dous por parte da empresa e dous por parte dos traballadores, tendo as seguintes funcións:

-Promover unha adecuada formación e información en temas de prevención de riscos no traballo.

-Coñece-los estudios realizados no sector polo Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene, mutuas de accidentes de traballo, etc. Con respecto a calquera producto ou traballo considerado tóxico, penoso e perigoso, accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

-Propor medidas preventivas.

Para a designación dos servicios de prevención, delegados de prevención e comité de seguridade e saúde observarase o que para tal efecto dispón a Lei 31/1995, do 9 de novembro.

Artigo 30º.-Accidentes de traballo e enfermidade.

Durante as situacións de incapacidade laboral transitoria derivadas de accidente de traballo, con ou sen hospitalización, a empresa completará, ata o importe íntegro o salario do convenio por un máximo de tres meses, contado desde a data de baixa, a prestación económica aboada pola Seguridade Social.

As situacións de enfermidade común, con hospitalización, a empresa completará ata o importe íntegro o salario de convenio, desde o quinto día de hospitalización e por un máximo de dous meses.

Artigo 31º.-Traballos en nocturno.

As horas traballadas durante o período abranguido entre as 22 horas e as 6 da mañá terán unha retribución específica incrementada nun 25% do salario base, exclúese do cobramento expresado os traballadores que especificamente se contratasen para traballar en período nocturno, como poden ser serenos, gardas, vixilantes, lavacoches, mecánico de taller,

etc., así como aqueles traballadores que se adscriban voluntariamente á prestación de servicios en nocturno.

Artigo 32º.-Seguro do convenio colectivo.

A empresa concertará seguro de convenio colectivo de accidentes, con primas ó seu cargo, durante a vixencia do presente convenio, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Morte por accidente de traballo: 2.800.000 pesetas (16.828,34 euros).

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de Seguridade Social, senón un complemento a ela.

Empresa:

Xerente: Jorge González Gil.

Comité de empresa:

CC.OO.:

María del Pilar Martínez González.

Yolanda Giráldez Farrapeira.

María Barbosa Revella.

UGT:

Julia Ramírez Pérez.

Manuel Fernández Fernández.