Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Balmimesa, en Guitiriz (Lugo), e se inclúe no réxime especial de producción de enerxía eléctrica. (Expediente 5436 A.T.).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Balmimesa, con enderezo para efectos de notificacións en Lagostelle, termo municipal de Guitiriz (Lugo), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 2 de maio de 2000, a referida empresa solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida no réxime especial de producción de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración,

dunha planta de coxeración que se vai construír na súa instalación de Guitiriz. Xúntaselle á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 7 do citado R.D. 2818/1998.

Segundo.-As características básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dous motores de combustión interna alimentados a gasóleo de 760 kW e de potencia cada un.

-Dous xeradores de 760 kW a 1.500 r.p.m., tensión de xeración 400 V e factor de potencia 1.

-Un transformador trifásico de 1.800 kVA y relación de transformación 0,4/20 kV.

-Instalacións de alimentación de combustible, protección, mando, sinalización e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do establecido na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo dictou Resolución do 12 de xuño de 2000 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no BOP de Lugo do 31-7-2000 e no DOG do 1 de agosto, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Cuarto.-O proxecto recibiu o informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 do outubro, de aplicación ó presente expediente segundo a disposición transitoria décimo primeira del Real decreto 1955/2000, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, foi redactado conforme o esixido polos artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición

transitoria décimo primeira do Real Decreto 1955/2000, xa dito, e coas demais disposicións que lle son de aplicación.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-la instalación da planta de coxeración á empresa Balmimesa, sita nas súas instalacións de Guitiriz, na provincia de Lugo.

-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo a.1 do art. 2 do dito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, no prazo de seis meses contados a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de dous anos desde a publicación da presente resolución, para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no art. 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral no desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas