Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/38-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Molduras Tejada, S.L.

Domicilio social: pol. industrial de Vilar de Santos nº 13, 32650 Vilar de Santos.

Denominación: L.M.T., C.T. e interruptor de B.T. Molduras Tejada, S.L.

Situación: Vilar de Santos-parque empresarial, 13.

Descricións técnicas: centro de transformación en caseta con trafo de 630 kVA, r/t 20.000/380-220 V, alimentado por liña subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de abril de 2002.

Ramón Fernández Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO