Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/442).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Brea-Grandal.

Situación: Vilarmaior.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares e con conductor LA-56, de 742 m de lonxitude, con orixe no tramo entre a derivación ó C.T. Penedo-Grandal e derivación a CC.TT. Veiga e Doroña da liña que sae da subestación do Eume e final no C.T. Brea-Grandal, que se vai instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Brea-Grandal do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.857 m de lonxitude, discorrendo polos lugares de Brea, Pereiro, Vilar, Bouzoa e As Teixoeiras. No termo municipal de Vilarmaior.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Juan Golpe Núñez e outros 12 afectados solicitan que se reforze a liña existente. A peticionaria manifesta que coa aprobación do proxecto solicitado se adecuan as instalacións de distribución de enerxía eléctrica dos lugares de Bouzoa, As Teixoeiras, Vilar e Brea.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 14 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña