Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.
Denominación: reforma da L.M.T. de Figueiroa a Santiso, derivada ós CC.TT. de Vilabuil e Santiso II e C.T. de Santiso I e II.
Situación: O Pino.
Descricións técnicas: -reforma L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.485 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte do C.T. Figueiroa e final no C.T. Santiso I.
-Ramal de 911 m que parte do apoio nº 11 da L.M.T. anterior e final no C.T. Vilabuil en conductor LA-56, CC.TT. aéreos de 50 kVA c/u denominados Santiso I, Santiso II e Vilabuil. O Pino.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 21 de marzo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña